Iniciamos a viaxe da sesión co alumnado de 4º proporcionándolles unhas viñetas de Quino para que imaxinasen a historia que narraban e que , logo, nos tiñan que contar.
Toda a creatividade agromou e prendeu nos seus relatos que , ademais, remataron cun refrán ben atinado en cada caso.
Na primeira parada do noso recorrido , verbalizaron as diferentes maneiras de contar historias: con palabras, con debuxos, con xestos... Despois,reiniciamos o camiño observando a maleta cun gran interrogante que se debuxara na pizarra.E falamos dela. Alguén dixo que ía de viaxe,que cambiara de dono,que estaba perdida nun aeroporto ,de aí o signo da interrogación... E podía ser, pero non. Esta era a súa maleta, a de cada un/unha. Esa que @s acompañaría porque tiñan que marchar, así ,de súpeto,sen diñeiro. Só poderían levar algo de roupa e tres cousas que debían escoller.Unha persoa preguntou se esas tres cousas tiñan que "entrar na maleta"-quizás pensando en levar algún familiar ou algún moble como a cama.Xa resignad@s coas limitacións impostas,fixeron as súas propostas: auga ( se a deixaran introducir no avión, se viaxaban en avión), comida , un amigo (ah!Non, que non cabe!),un móbil , un mapa...Mentres pronunciaban todas estas "posibilidades" debatían sobre a súa conveniencia ou non.(Orgullosas estamos desta rapazada que analiza as situacións e ofrece diferentes solucións!!)
Avanzaron no percorrido e coa maleta chea desas cousas que cadaquén elixiu e, por fin , chegaron a un destino descoñecido."Que farías nada máis pisar esa nova vila?"-foi a seguinte cuestión que lles presentamos.Dende buscar traballo ata pedir axuda a un policía ou ao consulado, pasaron por proposicións diferentes.
"E como vos sentiríades? -preguntamos finalmente."En tensión", "con morriña", "perdid@s","preocupad@s","moi sós". Igualiño que o protagonista de Emigrantes ,o libro de Shaun Tan que leremos neste primeiro trimestre.
Neste momento,si que, definitivamente, as mediadoras podemos dar por rematada esta viaxe de hoxe.
Enviar por correo electrónico
Escribe un blog
Compartir con Facebook
0 comentarios:
Publicar un comentario