1 abr 2016

Lendo baixo unha árbore

 Dende a Biblioteca do IES Lama das Quendas e o Club de Lectura lanzamos a campaña de facer unha fotografía lendo baixo unha árbore para conmemorar o día do Libro.
Agora que xa estamos na primavera e moitas árbores están en flor é un bo momento para ler ao  seu carón. 
Colabora connosco, fai unha fotografía e mándanola .
E se non tes maneira, que xa é estrano hoxendía, acude o 5 de abril , na hora do recreo, cun libro, unha revista, un periódico na man  á nosa carballeira onde nos retrataremos para logo facer unha exposición na biblioteca e un gran mural conmemorativo.
Está invitada toda a comunidade educativa e calquera persoa da vila que desexe participar connosco.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India