11 abr 2016

Reunión do alumnado de 3º de ESO e 3º PMAR

Este é un dos poemas que podemos atopar en Poetízate de Fran Alonso.Que ten de curioso para ti?
Disto falaremos na reunión de mañá martes, 12 de abril , e tamén traballaremos outros poemas escollidos por Alonso para esta antoloxía na que hai textos de poetas do século XIX , poesía de preguerra, de posguerra,e das xeracións dos 50,dos 80  e outros dos 90. Toda unha mostra que nos fará  sentir  como desexou  Fran Alonso, no Día da Poesía 2007, cando compartiu connosco os 5 motivos para ler poesía. Este é o derradeiro:" O importante da poesía non é obsesionarse con descifrala senón saber gozala, sentila e intuila. Na poesía reconforta sentir o seu ritmo, a súa música, a súa sonoridade, os xogos de palabras que por veces nos deslumbran, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus enigmas. Poetizarse. En definitiva, facer da poesia un pracer."
Que así sexa!!

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India