19 abr 2016

Semana do Libro

Hoxe comezamos coas actividades para festexar o Día do Libro.
Se nos días pasados fixemos fotografías de  persoas cun libro na man  a carón dunha árbore , nesta xornada tocou ambientar a biblioteca con elas.Hai algunhas ben tenras de familias enteiras lendo xuntos , por exemplo.
Dado que o 23 de abril é sábado , e por tanto día non lectivo, adiantamos os actos que, durante toda a semana,  contribuirán a lembrar a data da morte de Miguel de Cervantes e William Shakespeare hai xa 400 anos. Ambos autores seguen sendo lidos, tantos anos despois!,por estudantes e afeccionados á literatura en xeral.
Se queres contemplar as fotografías dos lectores e lectoras que se retrataron , acude á biblioteca. Non defraudan.Só son un entrante comparado co que nos agarda.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India