13 abr 2016

Os versos que procuran poemas.

Toda esta rapazada quixo "poetizarse" e por iso acudiu á reunión do club que comezou coa lectura dun poema  do colectivo poético Ronseltz que di:
"O poema é unha pedrada na cabeza./
Por iso lles recomendamos aos leitores/
que usen casco." 
E para eles que é a poesía? Decatámonos de que non  é moi aprezada por esta mocidade. Considérana cursi. Cursi coma os versos deste poema de Olga Novo:
"quen me dera ser gata 
para vivirte sete veces." 
Iso si, chamarlle á túa parella "cari" é ben diferente!
Despois do preámbulo pasamos a traballar coas poesías que recolle Fran Alonso no seu libro "Poetízate".
Repartimos papeis con versos de dous autores distintos: Antón Lopo e Xosé María Díaz Castro.A súa tarefa consistiu primeiro en  localizarse entre eles  como donos de versos que buscaban o poema dun mesmo autor  e despois, recompoñer ese  poema.
A última parte esixiulles  máis repouso e elaboración e  o resultado foi moi positivo.
Como remate leron os poemas "Cuspe"  e "Penélope " que eles crearon e ,por suposto,tamén os orixinais. No caso de Díaz Castro mesmo escoitamos a versión musicada por Fuxan os Ventos que conten o recitado do propio autor.
 





 



0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India