7 abr 2016

Ler na primavera

Non é que sexan lecturas so axeitadas para esta estación do ano, pero si son as que na Quenda do Libro imos ler na primavera.
Como cada ano académico, o terceiro trimestre está maioritariamente adicado á poesía. Agás os libros dos maiores que seguen sendo narrativa, as lecturas da rapazada son textos poéticos que fan agromar os nosos sentimentos e emocións como o fan as flores nesta época.
Leremos , dende os pequenos aos  maiores: Para cantar e contar , de VVAA; Makinaria, de Carlos negro ; Poetízate, de Fran Alonso; Penúltimas tendencias , de Carlos Negro ; Raíz da fenda , de Berta Dávila; Andar ás apóutegas, de Rafael Lobelle .
Os adultos leremos  La chica del tren ,de Paula Hawkins e Izan o da saca , de Xabier Quiroga.
Pero como un libro leva a outro...leremos moito máis!!

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India