6 abr 2016

Recordos dunha viaxe por Europa

Vaia por diante que Europa Express de Andrea Maceiras lle gustou moito á rapazada de 1º de Bacharelato (só había que  mirar as súas caras ao falar da novela ). Reconméndannos ás mediadoras que  aconsellemos este libro de lectura en vindeiros anos no club porque trata de amor, de amizade, de viaxes ... de todo iso  que enche as cabezas dos e das adolescentes  de hoxe con tantas posibilidades ao seu dispor.
Gústalles a forma do libro na que alternativamente se pasa dun narrador en 1ª persoa ( presente )  a un narrador en 3ª persoa ( pasado). Gústalles a historia, aínda que o que máis @s motivou foi a trama amorosa do pasado , de cando  Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía  fixeran o percorrido por Europa.
Falamos das historias de amor da novela, e especulamos sobre a relación de Xacobe e Aroa de non ter desaparecido o rapaz. Sería viable? Seguirían xuntos? Cren que si, pero tamén se fan críticas ao xeito de "querer" de  Xacobe, tan peculiar que facía que Aroa se sentise abandonada con frecuencia.
Este Xacobe parecía prometer moito  e mesmo o suceso no que se viu envolto, e que marcou a todos os seus amigos, críamos que era moito máis terrible.Definitivamente Xacobe foi un "bluf".
Semella que no libro se nos di que  nada cambia co tempo porque cada un/unha d@s compoñentes do grupo de amigos  chegou a ser un adulto de éxito no eido que semellaba despuntar cando era un adolescente.Aínda que tamén se percibe un esforzo de cada un loitando por acadar o seu soño.
A viaxe de aprendizaxe destes amig@s,algúns deles namorados,a experiencia que viven no seu percorrido por Europa é algo que os marca profundamente e que crea un forte lazo de unión.
Por iso , as mediadoras, tamén lles fixemos unha recomendación a esta rapazada: que viaxen, que cando poidan viaxen e gocen xunt@s doutras xentes, doutros lugares, doutras experiencias porque viaxar abre a nosa mente e deixa pegadas imborrables.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India