4 abr 2016

Prisioneiros no paraíso

Para rematar ben o mes de marzo fixemos  a xuntanza do profesorado o xoves 31.
Abriu a reunión un compañeiro que manifestou o seu desexo de pasar pola experiencia de vivir nunha illa similar a do escenario da novela nalgún momento da súa vida.
De seguido , outra compañeira formulou  a pregunta de se volveríamos  desa illa , tendo oportunidade, ou quedaríamos alí. Tod@s dixemos que regresaríamos agás un dos asistentes ,que xa ten vivido experiencias pola India en situacións moi precarias durante bastantes meses ,que afirmou que quizás se quedaría na illa.
Tras mencionar similitudes de Prisioneros en el Paraíso coa novela  de William Golding  titulada El señor de las moscas,pasamos a criticar a novela de Paasilinna.
Consideramos que se le fácil, non esixe esforzo pero tampouco atrapa  xa que , realmente, non hai conflictos na historia. Os enfrontamentos e tensións  do grupo desintégranse dun xeito instantáneo a pouco de xurdir.
O humor, máis ben a graza, fai soportable a lectura desta novela que recurre a un argumento moi explotado cal é o do naufraxio nunha illa deserta e a supervivencia nela. Quizás , opina  alguén, sexa un  libro equilibrado que emprega o ton humorístico xusto para liberarse da complexidade dos problemas.
Fóra do exemplo de colaboración e funcionamento solidario que se da entre os personaxes  aos que a vida lles da unha nova oportunidade  de deixar o individualismo e aceptar e asumir como propias as novas normas; máis alá da defensa dunha sociedade baseada na equidade e na xustiza e da crítica á incapacidade do ser humano  de renunciar aos vellos costumes da civilización, non quitamos nada desta novela que nos deixou bastante indiferentes  polo fondo e a forma.
Se ben, como adoita ser característico neste club de lectura, este libro serve como punto de partida para ler outros do autor finés , como algúns compañeiros xa fixeron , por exemplo  O muiñeiro ouveador ou O bosque dos raposos aforcados , nos que parece  que se encontra o auténtico Paasilinna que pon aos seus personaxes en situacións  extremas, absurdas  e nos que predomina un humor mordaz que gusta.
 

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India