28 abr 2016

Un autor que casa coas historias

Gonzalo Moure visitounos no Lamas das Quendas o pasado  martes,26 de abril para rematar os actos do Día do Libro.Comezou falando ao alumnado de 1º e 2º de E.S.O. dos seus libros e o proceso creador dos mesmos, para continuar respondendo ás preguntas relativas ás  obras que xa leran del e outras que lles xurdiron  @s rapazas e rapaces no transcorrer das explicacións do escritor. Deixounos unhas cantas "perlas" que queremos compartir con tod@s vós.  Afirmou que nunca escribiu por obriga, "por profesión" senón que cada libro brotou dunha anécdota, dun acontecemento que viu, que viviu ; porque se declara un observador , unha...

26 abr 2016

Compartindo "Mentira"

Hai xente á que lle gusta moito ler, e despois están esas persoas que son apaixoadas polas lecturas, que cada libro do que oen falar queren gozalo.Pois ben, o pasado venres , a maioría d@s presentes na biblioteca durante o recreo eramos destas ultimas. Xuntámonos para comentar Mentira de Care Santos e a sesión comezou co resumo do argumento por parte dunhas rapaciñas de 1º de ESO ás que lles gustou moito , moito a novela aínda que lle poñen pegas ao final escollido pola autora. En realidade tod@s @s que a lemos temos boa opinión do libro e conste que somos moitas as persoas que o lemos; moitas máis das asistentes xa que por razóns de coincidencia...

25 abr 2016

Encontro da rapazada de 1º e 2º de ESO con Gonzalo Moure

Para continuar coas actividades  do Día do Libro 2016, o vindeiro martes, 26 de abril, estará no noso instituto o escritor Gonzalo Moure quen terá un encontro co alumnado de 1º e 2º de ESO,ás 11:45 no Salón de Actos do instituto. A rapazada de 1º leu neste curso En un bosque de hoja caduca e a de 2º, Eu ,que matei de melancolía ao pirata Francis Drake e ademais coñecen , por teren lido, os titulados Palabras de caramelo e  Os cabalos do meu tío  do mesmo autor. Na nosa biblioteca hai todos os libros de Gonzalo Moure que vedes na fotografía. En galego e castelán. Se queredes ler algún, xa sabedes que facer. Por xentileza...

23 abr 2016

Día do Libro 2016

"para cada un de nós hai un libro" di Pedro Feijoo no texto co que agasalla ás Bibliotecas escolares de Galicia no Día mundial do Libro e dos dereitos de autor  2016. Concordamos totalmente. Engade que , un libro  non vale de nada "se non nos atrapa". Nós queremos que sexades atrapados por moreas de libros , por lecturas que vos "convertan en mellores persoas, máis grandes, máis capaces, máis vivas" como di o autor de Os fillos do mar, quizais ese libro que andabades a buscar. E para que o desexo de Feijoo, Pedro Feijoo, sexa unha realidade, non é necesario que apareza o xenio da lámpada , abonda con coller un libro do noso andel,...

21 abr 2016

O noso universo non é rosa. Nin azul.

Traballar con  Penúltimas tendencias de Carlos Negro e coa rapazada de 4º foi ben doado. Comezou a sesión do martes co intento de explicación do título do libro  e, deseguido, pasamos a comentar  algúns dos  poemas como "Post-it " que nos serviu para facer a convocatoria da reunión e "Barbie girl" que recitamos coa  mente posta en "Longa noite de pedra" de Celso Emilio Ferreiro e os cárceres reais e figurados que nos privan de liberdade ao longo da nosa vida. Chegou o turno de manipular outros dous poemas e así transformamos o titulado "Fóra de onda"  nun texto escrito ,moi en sintonía  cos tempos que corren...

20 abr 2016

Reunión conxunta dos grupos do Club

O curso pasado, 2014-2015, puxemos en marcha unha actividade conxunta de todos os grupos do noso club de lectura.A experiencia gustou tanto que quedou xa sinalada no noso calendario de reunións. Escollemos un libro, sempre tendo en conta que os posibles lectores/as  están en idades comprendidas entre 13  e 18 anos , o alumnado , e ademais asistimos @s adult@s. Lémolo @s que queremos  e un día, o día do libro, reunímonos para comentalo. O título deste ano é Mentira, de Care Santos.O argumento é o que segue: Xenia loita por sacar as mellores notas porque quere estudar medicina e precisa boa puntuación, pero ultimamente as...

Cervantes e Shakespeare , dous xenios

Segundo día de actividades no Club de Lectura e a Biblioteca do noso instituto. Ademáis da reunión programada organizamos o mural do noso taboleiro  que quedou como podedes observar nas fotografías que recollen o motivo central do mesmo con don Quijote e Sancho, e un lateral no que aparecen Romeo e Julieta ademais de Hamlet. Velaí vai un recordatorio dalgunhas frases que aparecen nas obras dos dous autores homenaxeados e que foron escollidas pola nosa rapazada. Dicía Cervantes no seu Don Quijote: "Dad crédito a las obras y no a las palabras."  "Amor y deseo son dos cosas diferentes; que no todo lo que se ama se desea, ni todo...

19 abr 2016

Semana do Libro

Hoxe comezamos coas actividades para festexar o Día do Libro. Se nos días pasados fixemos fotografías de  persoas cun libro na man  a carón dunha árbore , nesta xornada tocou ambientar a biblioteca con elas.Hai algunhas ben tenras de familias enteiras lendo xuntos , por exemplo. Dado que o 23 de abril é sábado , e por tanto día non lectivo, adiantamos os actos que, durante toda a semana,  contribuirán a lembrar a data da morte de Miguel de Cervantes e William Shakespeare hai xa 400 anos. Ambos autores seguen sendo lidos, tantos anos despois!,por estudantes e afeccionados á literatura en xeral. Se queres contemplar as fotografías...

18 abr 2016

Reunión do alumnado de 4º de E.S.O.

Post-it Fai favor, ven ao club o martes. Imos xogar cos poemas e non queremos  volo perdades ningún. (Grazas).    Faremos un obradoiro baseándonos en Penúltimas tendencias, de Carlos Negro a quen lle collemos o poema co que remata o libro para ,tras xogar con el , facer esta convocatori...

13 abr 2016

Creacións do alumnado de 3º de ESO

Este é o poema "Cuspe" de Antón Lopo que o alumnado de 3º de ESO ordenou de tal xeito ( sen ter o orixinal) que non deixa de ser interesante.Para que comprobedes tedes o auténtico e o "versionado". Velaí a versión que fixeron de "Penélope" , de Díaz Castro:  Moi, moi parecida.Claro que é un poema bastante coñecido. Uns artistas as rapazas e rapaces de 3º de E.S...

Os versos que procuran poemas.

Toda esta rapazada quixo "poetizarse" e por iso acudiu á reunión do club que comezou coa lectura dun poema  do colectivo poético Ronseltz que di: "O poema é unha pedrada na cabeza./ Por iso lles recomendamos aos leitores/ que usen casco."  E para eles que é a poesía? Decatámonos de que non  é moi aprezada por esta mocidade. Considérana cursi. Cursi coma os versos deste poema de Olga Novo: "quen me dera ser gata  para vivirte sete veces."  Iso si, chamarlle á túa parella "cari" é ben diferente! Despois do preámbulo pasamos a traballar coas poesías que recolle Fran Alonso no seu libro "Poetízate". Repartimos...

11 abr 2016

Reunión do alumnado de 3º de ESO e 3º PMAR

Este é un dos poemas que podemos atopar en Poetízate de Fran Alonso.Que ten de curioso para ti? Disto falaremos na reunión de mañá martes, 12 de abril , e tamén traballaremos outros poemas escollidos por Alonso para esta antoloxía na que hai textos de poetas do século XIX , poesía de preguerra, de posguerra,e das xeracións dos 50,dos 80  e outros dos 90. Toda unha mostra que nos fará  sentir  como desexou  Fran Alonso, no Día da Poesía 2007, cando compartiu connosco os 5 motivos para ler poesía. Este é o derradeiro:" O importante da poesía non é obsesionarse con descifrala senón saber gozala, sentila e intuila....

7 abr 2016

Ler na primavera

Non é que sexan lecturas so axeitadas para esta estación do ano, pero si son as que na Quenda do Libro imos ler na primavera. Como cada ano académico, o terceiro trimestre está maioritariamente adicado á poesía. Agás os libros dos maiores que seguen sendo narrativa, as lecturas da rapazada son textos poéticos que farán agromar os nosos sentimentos e emocións como o fan as flores nesta época. Leremos , dende os pequenos aos  maiores: Para cantar e contar , de VVAA; Makinaria, de Carlos negro ; Poetízate, de Fran Alonso; Penúltimas tendencias , de Carlos Negro ; Raíz da fenda , de Berta Dávila; Andar ás apóutegas, de Rafael Lobelle...

6 abr 2016

Recordos dunha viaxe por Europa

Vaia por diante que Europa Express de Andrea Maceiras lle gustou moito á rapazada de 1º de Bacharelato (só había que  mirar as súas caras ao falar da novela ). Reconméndannos ás mediadoras que  aconsellemos este libro de lectura en vindeiros anos no club porque trata de amor, de amizade, de viaxes ... de todo iso  que enche as cabezas dos e das adolescentes  de hoxe con tantas posibilidades ao seu dispor. Gústalles a forma do libro na que alternativamente se pasa dun narrador en 1ª persoa ( presente )  a un narrador en 3ª persoa ( pasado). Gústalles a historia, aínda que o que máis @s motivou foi a trama amorosa...

4 abr 2016

Reunión do alumnado de 1º de Bacharelato.

O vindeiro martes, 5 de abril temos a reunión do alumnado de 1º de Bacharelato para comentar a novela de Andrea Maceiras na que se narra unha historia relacionada con  Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía que deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Queredes vós facer unha viaxe por Europa o ano que vén? Seguro que si. Como di a publicidade todas as persoas temos un xen que nos impulsa a viaxar e facelo con amigos coñecendo novos lugares, novas culturas , novos costumes é un verdadeiro pracer.Claro que nas viaxes , ás veces, descóbrense cousas ...que no querías. O martes, despois de sacar a foto...

Prisioneiros no paraíso

Para rematar ben o mes de marzo fixemos  a xuntanza do profesorado o xoves 31. Abriu a reunión un compañeiro que manifestou o seu desexo de pasar pola experiencia de vivir nunha illa similar a do escenario da novela nalgún momento da súa vida. De seguido , outra compañeira formulou  a pregunta de se volveríamos  desa illa , tendo oportunidade, ou quedaríamos alí. Tod@s dixemos que regresaríamos agás un dos asistentes ,que xa ten vivido experiencias pola India en situacións moi precarias durante bastantes meses ,que afirmou que quizás se quedaría na illa. Tras mencionar similitudes de Prisioneros en el Paraíso coa novela ...

1 abr 2016

Lendo baixo unha árbore

 Dende a Biblioteca do IES Lama das Quendas e o Club de Lectura lanzamos a campaña de facer unha fotografía lendo baixo unha árbore para conmemorar o día do Libro. Agora que xa estamos na primavera e moitas árbores están en flor é un bo momento para ler ao  seu carón.  Colabora connosco, fai unha fotografía e mándanola . E se non tes maneira, que xa é estrano hoxendía, acude o 5 de abril , na hora do recreo, cun libro, unha revista, un periódico na man  á nosa carballeira onde nos retrataremos para logo facer unha exposición na biblioteca e un gran mural conmemorativo. Está invitada toda a comunidade educativa e calquera...
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India