Do 24 ao 28 celebramos nos corredores do IES Lama das Quendas a sexta edición do Mercadiño de Libros. Escollemos sempre a semana na que se conmemora o Día das Bibliotecas que nesta ocasión foi o 24 de outubro.
Cada un dos cinco recreos , o profesorado e o alumnado do club e colaborador na biblioteca do centro atendeu o postos no que se venden os libros que nos donan e préstanse os que nos prestan nun intento de optimizar a vida dos libros e favorecer a lectura , a xenerosidade , a convivencia e o gusto polos libros.
Este evento foi recollido pola prensa escrita e pola televisión.
En La Voz de Galicia aparecemos na páxina L4 ...
31 oct 2016
28 oct 2016
Viaxe ao máis fondo dos sentimentos.

Cando escribín o título De profundis no taboleiro, e lles dixen que ese era o libro que ían ler, empezaron a imaxinar de que podería tratar: «de sentimentos,» dixeron varias; «do mar», dixo Daría. Todas acertastes -dixen eu.
Oscar Wilde revelou os seus segredos e reflexións máis íntimas en De progundis, pero non é iso o que imos ver e ler, senón a obra de Miguelanxo Prado co mesmo título ( casualidade?). Así, folio en man , cada unha debuxou o seu fondo do mar, un fondo do mar imaxinado, que non se basease no que aparece nos documentais; porque, como dixo o poeta: «O mar é unha illa de auga rodeada de ceo por todas partes». ...
26 oct 2016
Profundamente impresionad@s!

Da Casa da Cultura e da Sala do Auditorio chegaba o alumnado de 3º A de ESO o pasado martes. Cans@s pero content@s ,viñan de ver a Primeira retrospectiva de Manuel Jorge en Galicia, concretamente na súa vila de orixe.A conversa , logo, non podía versar sobre outra cousa que non foran as sensacións e opinións da rapazada sobre os cadros contemplados.
Cren que o traballo do artista se pode encadrar en dous estilos diferentes: un máis realista , con retratos varios , que está na Casa de Lemos; e outro máis abstracto , con cadros moi grandes, que pode contemplarse no Auditorio.
Viñan moi contentos de ter visitado a mostra...
24 oct 2016
Reunión do alumnado de 3º de E.S.O.

Recordatorio para as rapazas e rapaces de 3º de E.S.O. que terán a reunión o vindeiro martes, 25 de outubro , Día das Bibliotecas, ás 11:15 h.
Estaredes en dous grupos,por un lado A e por outro B, atendidos polas mediadoras de lectura, na Aula Multimedia e na Aula Obradoiro que se atopan no corredor superior.
Agardámosvos!
&nbs...
21 oct 2016
Cada ano somos máis!
Para este curso contamos con 18 persoas no club de lectura de adult@s. Ademais de nais e pais, outra vez temos algunha desas persoas que, sen ter vinculación directa co instituto, quere compartir o seu tempo e as súas lecturas connosco. Estamos encantad@s!
Na reunión do pasado mércores ,dúas das persoas implicadas neste proxecto lector, transmitímoslles o mecanismo, a dinámica deste grupo do club que non amosará problema algún porque @s veteran@s, vari@s dos cales xa levan cinco anos ( tantos como ten o club de pais/nais e adultos) , estarán dispost@s a informal@s. Ademais fixemos un grupo de wasap que nos servirá...
20 oct 2016
Querida avoa...

Os rapaces e as rapazas que acudiron onte mércores á reunión do club ( o martes foi festivo en Chantada) teñen poucos recordos de cando eran pequen@s. Ao máis que chega algunha persoa é a lembrar algo de cando tiña catro anos. E se miramos cara o futuro , non teñen imaxinación suficiente para verse máis alá dos 18 anos ,salvo unha rapaza que se ve de avoíña " marchosa e dinámica" facendo o que lle peta e "mandando".
Xa que mencionaron a palabra máxica na xuntanza, comezamos a falar dos avós e avoas .Tod@s conservan polo menos un e quéren@s moito por iso aproveitamos para escribirlles unha breve...
EU DE MAIOR NON QUERO IR

Escribo no taboleiro a palabra " engurras" e pídolles significados connotativos. Asóciana con xente maior, pel engurrada e, por que non, co outono. Comento aquel fermoso slogan de Adolfo Domínguez :"La arruga es bella", pero ninguén parece coñecelo ( se cadra xa quedou para os que hoxe temos engurras, e daquela, aínda non).
Despois de elaborar entre todos unha boa definición de Residencia de anciáns,pensamos en como animariamos aos nosos avós para ir a unha.
Os alumnos e alumnas de 2º de ESO B diríanlles que hai enfermeiras guapas, que atoparían amigos, bailes, xogos de cartas, algunha sesión de teatro...Pero cando lles pregunto se...
17 oct 2016
Reunión do alumnado de 2º de E.S.O.

Nesta semana temos festivo local o martes, así que a reunión do club, cambia de día para non perder de ler.Será o mércores porque o alumnado de 4º, que organiza eventos durante os recreos da semana , colabora connosco para que non se solapen as actividades.
Xuntarémonos o mércores, á hora de sempre, no lugar habitual co alumnado de 2º de ESO A e B e co grupo de P.M.A.R dese nivel.
De novo faremos dúas reunións paralelas, atendidas polo persoal colaborador do club que vos atenderá na Aula Multimedia e na Aula Obradorio.
Agardámosvos!!!
&nbs...
14 oct 2016
Trece non é mal número

Di unha frase feita que "trece é mal número se non crece" pero nós non somos supersticios@s e gústanos que trece sexan @s colaborador@s na Biblioteca do I.E.S. Lama das Quendas para este curso 2016-2017.
Trátase de sete rapaces e seis rapazas dos cursos de 1º,2º e 4º de E.S.O. e dúas persoas de 1º de Bacharelato.
Agás a rapazada de 1º tod@s foran xa colaborador@s outros anos co que xa coñecen as funcións rutineiras que hai que desenvolver.
Compre , ademais, sinalar que agás un alumno ,@s colaborador@s pertencen ao Club de Lectura dende onde animamos sempre a esta implicación especial no espazo da biblioteca...
13 oct 2016
Hai banda deseñada en galego!!!

Tod@s os/as rapac@s de primeiro de ESO sabían antes da nosa reunión o que é un cómic ou unha banda deseñada. Iria deunos unha definición tan perfecta que semellaba que viña de estudala. Coñecen varios cómics: Mortadelo, Astérix, Zipi e Zape, Tintín... pero non sabían que temos banda deseñada en galego e con autores con recoñecemento internacional como Miguelanxo Prado. Así que, despois de falarlles un chisco do autor, convidámolos a «entrar» na Mansión dos Pampín, pero antes, en grupos de tres, cubriron o posible texto ( por suposto, sen coñecer o orixinal) da primeira páxina da historia. A intuición dalgúns grupos é impresionante!...
12 oct 2016
Enchendo bocadillos

A rapazada de 1ºA devecía por facer as primeiras actividades dentro do club de lectura.
O primeiro que fixemos foi falar sobre os cómics e a banda deseñada e as particularidades desta combinación de imaxe e texto: que ten de atractivo?, que elementos se distinguen nun cómic?, como se len os cómics? Neste punto xurdiu a diferencia entre a banda deseñada máis cotiá e os mangas dos que algunha persoa afirmou ser gran lectora. Outras leran algo de Mortadelo e Filemón.
Para desenvolver a imaxinación e comezar a traballar con este tipo de publicacións , proporcionámoslles unha páxina de A Mansión dos Pampín da que eliminaramos...
10 oct 2016
Adiante as reunións do club!

Comezamos coas reunións do noso club de lectura propiamente ditas .O vindeiro martes,11 de outubro, o alumnado de 1º A e 1º B de E.S.O. xuntarase coas mediadoras na Aula Multimedia e na Aula Obradoiro que están no mesmo corredor que as súas aulas respectivas.Faremos dous grupos porque cos 38 alumn@s xunt@s sería bastante complicado traballar, mesmo por problemas de espazo.
Durante o tempo de lecer tentaremos facer algo lúdico relacionado coa banda deseñada.Xa veremos se conseguimos que o alumnado se implique e goce coas actividades que xa temos deseñadas.
Agardámosvos para principiar!!
...
Alumnado, profesorado ,pais/nais no Club de Lectura
Un total de 124 alumnos e alumnas pertencen , porque así o manifestaron, ao noso club de lectura. Se consideramos que , no I.E.S Lama das Quendas , neste curso 2016-2017 , hai 247 persoas matriculadas na E.S.O e Bacharelato , podemos concluir que a metade do noso alumnado participará nas actividades de A quenda do Libro durante este ano académico.
Polo que se refire ao grupo de pais e nais, reuniremos a 16 persoas que ,nesta data , xa devolveron a circular enviada para convidalos a participar nas reunións lectoras.O número exacto confirmarémolo na xuntanza que teremos proximamente.
No grupo do profesorado contamos con ...
7 oct 2016
Lemos, lemos

Con e pechado temos que ler o título desta entrada.Tamén os de bacharelato len e queren ser do club de lectura.Só estaban cinco rapazas e un rapaz na reunión do pasado martes, pero outras persoas manifestaron a súa intención de pertencer ao Club ben deixando recado aos asistentes a esa xuntanza ben confirmándonolo estes días nos corredores do centro. Ao final serán 14 persoas: sete de 1º de Bacharelato e outras 7 de 2º .
Non foi necesario informar do mecanismo de traballo porque o coñecen de sobra.
O que si fixeron foi propoñernos facer un único grupo co alumnado de 1º e 2º de bacharelato ,...
2 oct 2016
Os de Bacharelato tamén len?
Trátase dunha pregunta retórica.Sabemos que len. Sabemos que acoden a biblioteca na procura de lecturas para uso propio e, cónstanos,para levar libros ás nais,principalmente.
Coñecemos a carga académica de 2º de Bacharelato, sobre todo, pero tamén somos sabedoras de que amades a lectura.Así que , as persoas interesadas, vide á reunión do martes, 4 de outubro,e,no salón de Actos, na hora do recreo acordaremos datas e lecturas atendendo á vosa conveniencia e aos vosos intereses.
Nós, as mediadoras, estamos desexando compartir lecturas e experiencias convosco neste novo curso!
Agardámosvos...