
O vindeiro martes, 2 de maio, teremos no Lama das Quendas a Mercedes Leobalde para vivir un encontro co alumnado de Bacharelato a quen desde o club de lectura lle propuxemos ler Funambulistas ,un conxunto de relatos que gañou o Premio Ánxel Fole de narrativa.
A obra contén vinte e cinco relatos cos que desfrutaron @s alumn@s do club e tamén @s outr@s de 1º de bacharelato a quen convidamos a facer equilibrios acompañando aos protagonistas dos textos porque , en realidade, como di a voz narradora en «Declaración de amor do xadrecista»:«todos somos funambulistas nesta vida ».
Queres ser funámbulo? Aínda estás a tempo de andar sobre...