Iso dicía frecuentemente o meu avó, un salmantino que sempre tiña unha frase, un proverbio, un refrán , unha canción que aplicar a calquera situación vital na que se vira implicado. E xa que logo, marchámonos á Carballeira ( con maiúsculas para nós) para realizar a reunión do alumnado do club de lectura de 2º de ESO, para sentirnos un pouco poetas. Tiñamos baixas no equipo porque anda a circular un virus que nos amola. Tamén contabamos cun día mellor, pero o sol esqueceuse de brillar e apareceu un martes gris e tristón que non nos impediu realizar a actividade porque tiñamos unha temperatura agradable. Xa temos, entón, aula de traballo: a natureza que nos rodea.
Nun dos carballos , en papeis de cores colocaramos poemas de Penúltimas tendencias de Carlos Negro.
E recitamos sendo "Chica out" e "Radikal Punk". Xogando a "Verdade, bico ou atrevemento".Estando "Fóra de onda".Facendo unha "Tatuaxe". Vestindo un "Casual look".Falando de "A primeira vez" e lendo "Superpop" e "5 razóns polas que cortaría contigo". E o tempo esmoreceu máis axiña do que queriamos. Mentres desfrutabamos escoitando poemas , moit@s compañeir@s , sen ousar achegarse, berrábannos "QUE FACEDES?" ao tempo que nos miraban como á tola de Ramón Cabanillas:

« A xente do mundo
que di que esta corda
marmura ó toparme:
¡Probiña da tola!
E non é verdade.
¡Abofé… abofé que estou corda!»
A nós non nos molestaba, só nos apetecía berrar con ledicia:Ei , carballeira!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario