Chegou ao instituto a autora de Dragal!Puidérona escoitar @s alumn@s de 2º e 3º A e B de ESO ademais dun grupo reducido de alumn@s de 1º de Bacharelato.
Basicamente falou dos libros de Dragal e ao final fixo unha pequena alusión a Sete caveiras, a novela negra que leron uns pouquiños en Bacharelato.
Falounos de dragóns en Galicia; de románico; de fervenzas; de catacumbas; de tradicións; de cabaleiros de diferentes ordes;de medallas; de bullying; de nais-fillos e incentivos para escribir; de mulleres importantes nas narracións... Contounos como comezou co seu Dragal e por que se animou a continuar esta historia que transcendeu o ámbito galego e quen sabe onde chegará!
E falounos de como comeza e finaliza cada un dos sus libros. Da importancia do comezo e do remate. E da honestidade que lle impide mentir aos seus lectores. Deixounos moitas frases para reflexionar.
Moitas grazas por visitarnos, Elena!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario