23 feb 2017

Coñecémonos tan ben!!

Hai tempo que coñezo á rapazada de 4º. Deilles clase hai dous anos e téñolles moito cariño. Cruzámonos polos corredores, saudámonos e sorrimos. Falamos de calquera cousa  en calquera momento. Alégrome dos seus éxitos ( como o de Ana , a flamante gañadora do Concurso de cartas e poemas de amor ) e bríndolles a miña axuda se a precisan. Resumindo, somos amig@s...  E sei de sobra que entre el@s coñécense moi ben. El@s tamén o cren, de modo que cando lles propuxen a actividade , o primeiro que se oíu foi: «Ai! É que nos coñecemos tanto que vai ser difícil!! » Difícil que? Pois escribir dúas frases sobre nós mesm@s.Unha debía ser...

20 feb 2017

Reunión do alumnado de 4º de ESO

Mañá martes, teremos a reunión do grupo do club de lectura de 4º de ESO. Será ás 11:15 h. na Aula Multimedia. Xa que estamos lendo Mentira de Care Santos, será ocasión  propicia para falar da mentira e da verdade que podemos buscar xuntos, como nos dicía Machado:  «¿Tu verdad? no, la verdad;   y ven conmigo a buscarla.   La tuya guárdatela.»...

17 feb 2017

As outras cartas de inverno din que «Amar significa no tener que decir nunca: lo siento».

Aínda que imos ler a novela de Agustín Fernández Paz, a ambientación de hoxe non era a máis axeitada para o terror, porque o 14 de febreiro celébrase San Valentín,  e as cabezas dos nosos adolescentes pensaban noutra clase de cartas ou, no seu caso, de mensaxes. Coa música e algunhas imaxes do filme dos 70 «Love story» como fondo, falamos da beleza e da necesidade humana de amar e pensamos en escribir algo sobre o amor. A verdade é que quedaban moi pensativ@s, finalmente,entre risos e algunha meixela colorada recollemos mensaxes como estas: « Amar é sentir que se dividen as túas preocupacións e se multiplican as túas alegrías»; «Quédate...

16 feb 2017

Coplas de amor

Por que se celebra hoxe o Día dos Namorados?- preguntei. A resposta foi:« porque é San Valentín ». Pero hai que ter máis información. E puxémola a disposición das rapazas de 3º B coas que comentamos a imaxe da convocatoria da reunión na que un helicóptero espalla amor. Un amor que nós trouxemos á reunión en forma de cantigas populares de temática amorosa que a rapazada escolmou e se encargou de copiar en cartolinas vermellas, como non! Pero copiaban os versos de dous en dous ,en diferentes cartas que dispuxemos, despois,  boca abaixo sobre a mesa de xogo.Logo, por quendas , tentaban coser os versos, xuntar dúas tarxetas e formar as coplas...

15 feb 2017

Cando ler é un pracer

Catro sesións de animación á lectura se desenvolveron o pasado xoves no noso instituto grazas á Editorial Edebé-Rodeira. Dende as 9:35 das mañá ata as 13:25 h. todo o alumnado de cada curso do primeiro ciclo da ESO asistiu á sesión que impartiu Benjamín. A actividade , que foi organizada por  A Quenda do Libro en colaboración coa Biblioteca do centro e o Departamento de Lingua Castelá pretendía, obviamente, animar á rapazada a que lea máis pero non só pedíndollo senón facéndolle gozar da lectura dunha maneira lúdica e creativa ,a partir de propostas baseadas en libros que xa coñecían. De aí que realizaran diversas actividades de...

13 feb 2017

Reunión do alumnado de 3º de ESO

Xa chega o martes,14 de febreiro,día no que nos xuntaremos co alumnado de 3º de ESO. Será, coma sempre, ás 11:15 horas e  faremos dúas reunións simultáneas; así que a rapazada de 3º A de ESO irá á Aula Multimedia e a de 3º B acudirá á Aula Obradoiro. Comentaremos como van indo as lecturas e faremos algunha actividade relacionada co que se festexa na data e cos libros. Vémonos!! &nb...

O mundo é unha grande biblioteca

Liberamos catro libros o pasado mércores. Están na Zona de Liberación que temos no IES Lama das Quendas xunto con outros que xa levan un tempo.        Calquera ( sexa do noso instituto ou non ) pode coller un e levalo para a casa.E despois pode lelo ou non, pero hai algo que todas as persoas que estamos en bookcrossing-spain desexamos que fagas para que realmente sexa efectivo esto de compartir lecturas entre tanto afeccionad@ como hai. Entra no enlace que che sinalamos máis arriba e sairache a páxina dos libros viaxeiros en España.  Á esquerda, atoparás un recadriño no que che di que se atopaches...

10 feb 2017

Degolado polos compañeiros de clase

O título « A pomba e o degolado» non nos dá moitas pistas sobre a temática do libro, pero despois de ver uns vídeos que explican a diferenza entre agresión e acoso, comezamos a entender cal vai ser a temática. Visualizamos ademais un caso real de acoso escolar no vestiario dun pavillón deportivo e todos sentimos noxo polo acosador; tamén polos que filman a agresión ou actúan con culpable indiferenza. Nós acudiriamos a un profesor ou á dirección do centro, porque nós somos pombas e non permitiremos que neste instituto haxa ningún degolad...

9 feb 2017

Xornada de animación á lectura

Volven as xornadas de animación lectora ao Club de Lectura grazas á Editorial Edebé. Hoxe, 9 de febreiro, dende as 9:35 ás 13.25 horas desenvolveranse catro sesións de animación lectora , unha por cada curso do primeiro ciclo da ESO. Preténdese ,con esta actividade, achegar á rapazada ao libro lido dun xeito máis dinámico, lúdico e divertido. Contaremos como nos foi....

8 feb 2017

Liberar libros para compartir

"E logo , hai xente que deixa un libro en calquera sitio? E se se molla e  queda estragado?" Estas son algunhas das frases  coas que acompañaban a faciana de estrañeza  est@s moz@s que nunca escoitaran falar de liberar libros para que puideran viaxar polo mundo e , así, ser leídos por outras persoas que non eran @s  don@s. De seguida o interés medrou, as preguntas xurdiron  e puxémonos a rexistrar os libros para iniciar a liberación. En principio, deixámolos na Zona de Liberación, á entrada do instituto, xunto ao taboleiro do club, pero xa pensan en coller un e  soltalo nalgunha bancada dalgún campo de fútbol,...

7 feb 2017

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

O taboleiro de A Quenda do Libro quedou pequeno para colgar os debuxos que fixeron @s alumn@s de 1º de ESO. Non couberon todos e algúns podédelos ver  no corredor da biblioteca. Tod@s quixeron poñer o seu gran de area para que a paz, de verdade, reine entre nós. Hai debuxos, collages, textos  deste@s artistas convencidos de que a paz é o camiño. E lembrando a frase que tanto usaban os hippys dos anos sesenta , aquela de "paz e amor" , collemos pacificamente a ruta do amor cara San Valentí...

6 feb 2017

Reunión da rapazada de 2º de ESO

Será o vindeiro martes, 7 de febreiro ás 11.15 horas. Acudiredes á Aula Multimedia @s de 2º A e a Aula Obradoiro @s de 2ºB. O plan é presentarvos os libros deste trimestre, que son novelas, e facer unha actividade relacionada con esas lecturas. Sabedes que calquera pode asistir, teña participado xa ou non ( dicímolo porque sempre hai quen pregunta). Nós facemos "fichaxes" durante todo o ano , non temos  un periodo limitado como no fútbol. Vémonos...

2 feb 2017

Debuxos pola Paz

É o primeiro ano dest@s rapaces e rapazas de 1ºB de ESO  no noso instituto. Chegaron dos dous centros de primaria adscritos. Contan que, de pequenos, facían moitos debuxos xa en preescolar e tamén nos cursos seguintes. Nas clases, enchían o papel de casas, soles, árbores...Facían un debuxo para agasallar ao pai e á nai nos seus días, para felicitar o nadal...Esta actividade plástica dende idades tan temperás  reafirma a idea de que o 80% do cerebro dos seres humanos está deseñado para asimilar e entender as imaxes.Iso din os científicos. Así que acolleron de bo grado a nosa proposta de celebrar o Día Escolar da Non Violencia e a...

1 feb 2017

Prometo nunca máis usar a violencia

Ao ritmo de «No dudaría» de Antonio Flores, facemos un bosquexo do que é a paz pintando as nosas ideas coas cores do arco da vella. A difícil tarefa de representar este concepto tan polisémico como abstracto ocupou o recreo dos nosos rapaces nun  ambiente de concordia e compañeirismo fiel ao obxectivo da celebración. A continuación foron participar na carreira solidaria a favor de Save the children, porque no noso centro a paz respírase, vívese e a educación para conseguila é responsabilidade de tod@s. ...
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India