Catro sesións de animación á lectura se desenvolveron o pasado xoves no noso instituto grazas á Editorial Edebé-Rodeira.
Dende as 9:35 das mañá ata as 13:25 h. todo o alumnado de cada curso do primeiro ciclo da ESO asistiu á sesión que impartiu Benjamín.
A actividade , que foi organizada por A Quenda do Libro en colaboración coa Biblioteca do centro e o Departamento de Lingua Castelá pretendía, obviamente, animar á rapazada a que lea máis pero non só pedíndollo senón facéndolle gozar da lectura dunha maneira lúdica e creativa ,a partir de propostas baseadas en libros que xa coñecían. De aí que realizaran diversas actividades de reflexión, creación e representación seguindo as indicacións do animador

A valoración da rapazada foi moi boa porque ,afirman, ampliaron coñecementos sobre o tema que trataban as novelas, traballaron diferentes finais, recrearon situacións, opinaron, argumentaron, e decatáronse de "cousiñas" que se lles escaparan na lectura individual... En definitiva, din, entenderon mellor as súas lecturas o que lles dá as claves para aplicar técnicas de traballo similares a posteriores lecturas e así poder sacarlle o máximo partido.
Coma sempre , traballar en grupo prestoulles moito.
Enviar por correo electrónico
Escribe un blog
Compartir con Facebook
0 comentarios:
Publicar un comentario