Hai tempo que coñezo á
rapazada de 4º. Deilles clase hai dous anos e téñolles moito
cariño. Cruzámonos polos corredores, saudámonos e sorrimos. Falamos de calquera cousa en calquera momento. Alégrome dos seus éxitos ( como o de Ana , a flamante gañadora do Concurso de cartas e poemas de amor ) e bríndolles a miña axuda se a precisan. Resumindo, somos amig@s...
Difícil que? Pois escribir dúas frases sobre nós mesm@s.Unha debía ser verdade e a outra mentira ( que é o título da novela que estamos a ler). @s demais tiñan que adiviñar cal era cal.
Foron ben creativ@s así que houbo catro persoas que "confundiron" @s compañeir@s que erraron na apreciación. Sobra dicir que comigo tamén se equivocaron.
Coa actividade decatáronse de que , ás veces, a verdade e a mentira depende dun «non » colocado estratexicamente; ou de cambiar «baleas» por «tiburóns». Outras, os nosos recordos fannos unha faena . E, finalmente ,tamén pode ser que ti creas que prefires «estar c@s amig@s en vez de durmir», pero todas as persoas que te rodean din que por durmir, abandónalas.
0 comentarios:
Publicar un comentario