
De seguida o interés medrou, as preguntas xurdiron e puxémonos a rexistrar os libros para iniciar a liberación.
En principio, deixámolos na Zona de Liberación, á entrada do instituto, xunto ao taboleiro do club, pero xa pensan en coller un e soltalo nalgunha bancada dalgún campo de fútbol, por exemplo.Eso si,se está cuberta, que gustan dos libros e queren protexelos.
E dos libros que fan viaxes pasamos á boneca viaxeira protagonista da lectura que faremos neste segundo trimestre :Kafka e a boneca viaxeira, de Jordi Sierra i Fabra.Estes rapaces non teñen este tipo de xoguetes, pero as rapazas non pensan deixar que ningunha das súas bonecas marchen ver mundo , que lles teñen moito cariño.
0 comentarios:
Publicar un comentario