16 feb 2017

Coplas de amor

Por que se celebra hoxe o Día dos Namorados?- preguntei. A resposta foi:« porque é San Valentín ». Pero hai que ter máis información. E puxémola a disposición das rapazas de 3º B coas que comentamos a imaxe da convocatoria da reunión na que un helicóptero espalla amor. Un amor que nós trouxemos á reunión en forma de cantigas populares de temática amorosa que a rapazada escolmou e se encargou de copiar en cartolinas vermellas, como non! Pero copiaban os versos de dous en dous ,en diferentes cartas que dispuxemos, despois,  boca abaixo sobre a mesa de xogo.Logo, por quendas , tentaban coser os versos, xuntar dúas tarxetas e formar as coplas de amor .
A primeira copla completada foi aquela que di:
«Se queres que brile a lúa,
pecha os ollos meu amor,
que mentres os tes abertos
a lúa cre que hai sol .»
E despois outra que nos gustou moito porque nela aparece  o nome de tres das persoas que alí estabamos:
 
      «Ai Carmiña,se ti vas á herba,
                      eicha de ir erguer,
                      e darasme unha aperta,
                      Carmiña do meu querer.»
E pouco a pouco, gozando da actividade, fomos armando cada unha das cancións tradicionais que , algúns lembramos, na boca dos nosos avós.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India