13 feb 2017

O mundo é unha grande biblioteca

Liberamos catro libros o pasado mércores. Están na Zona de Liberación que temos no IES Lama das Quendas xunto con outros que xa levan un tempo.        Calquera ( sexa do noso instituto ou non ) pode coller un e levalo para a casa.E despois pode lelo ou non, pero hai algo que todas as persoas que estamos en bookcrossing-spain desexamos que fagas para que realmente sexa efectivo esto de compartir lecturas entre tanto afeccionad@ como hai.
Entra no enlace que che sinalamos máis arriba e sairache a páxina dos libros viaxeiros en España. 
Á esquerda, atoparás un recadriño no que che di que se atopaches un libro coa etiqueta ou a mensaxe de bookcrossing que pinches onde che indica.
Aparecerá  unha páxina coma esta:


Introduce o nº BCID  que sempre estará nas primeiras páxinas e despois ,segue as indicacións. 
Lembrámosvos que podedes ( e agradecemos que o fagades) escribir algo ( a vosa opinión, como chegou ás vosas mans...) no "diario" dese libro así, a quen o liberou chegaralle unha mensaxe coas vosas palabras.
Despois podes e debes "olvidalo" noutros lugares para que sirva de lectura a outras persoas que , segundo vaian escribindo no diario do libro, irán incrementando as opinións sobre o lido e axudaránnos aos demais a entendelo mellor, quizás.
Nós , dende a A Quenda do Libro temos liberado bastantes exemplares en diferentes cidades do mundo, dende Iguazú en Brasil, ata Valparaíso en Chile, pasando por Ushuaia en Arxentina e moitos lugares de Galiza; mais quen colleu os libros , rompeu a cadea porque non rexistrou que o collera nin nada sobre el. De aí , a nosa petición de seguir o protocolo de actuación para que o mundo sexa unha grande biblioteca.A idea é: colle un e sóltao onde queiras.
E se alguén quere liberar libros , só ten que rexistrarse  e pode facelo.Tamén ,se o desexa, pode  traérnolo  ao instituto e , dende o club, convertirémolo en viaxeiro.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India