20 jun 2015

Neste verán...

Aínda non chegou o estío pero parecera pola calor abafante destes días. Certo que ata o domingo non vén o verán  pero xa están aquí as vacacións para os escolares. Esas que  comezades hoxe , e que vos dispensan de asistir ao Lama das Quendas e todo o que iso significa. Sabedes o que fago sempre que rematan as clases: douvos consellos que algúns tomades e outros deixades. E desta volta, non me vou privar de facer extensibles as recomendacións a tod@s @s integrantes de A Quenda do Libro e tod@s  @s que  cheguedes a ler  estas liñas, adicadas a vós coa mellor das intencións.                                                    ...

18 jun 2015

Valoración da VIII Xornada de Clubs de Lectura

As entradas anteriores reflectiron,sempre dende a miña perspectiva, as actividades e reunións realizadas na VIII Xornada de Clubs de Lectura.Concluído o resumo da mesma, parece que acae unha valoración global. Así que, procedamos. A cualificación que lle poñería, por falar en termos escolares, é a de sobresaínte. Se ben é certo que teño as miñas preferencias sobre o escoitado e vivido naquel 5 de xuño, tamén direi que o ton xeral estivo nun alto nivel. Dende a primeira hora da mañá, coas emotivas palabras de Agustín Fernández Paz  , e as tamén emocionantes de Manuel Bragado , ata as derradeiras verbas que  se escoitaron no auditorio...

17 jun 2015

Novela negra e cine. Materiais de xénero

Miguel Anxo Fernández Fernández  estivo fantástico na conferencia á que tiven o pracer de asistir na VIII Xornada dos Clubs de Lectura. So lle tiña lido  algunha  crítica de cine  e/ou televisión pero  o seu xeito de contar deixoume coa arela de poñerme a ler  algunha das súas novelas. Será tarefa de verán. A charla  de Miguel Anxo foi todo un calmante para o meu estado de ánimo,e cónstame que para outras moitas persoas,despois de asistir,dende as 16:15 h ata as 18:00 h, a unha das reunións por eixos temáticos que me deixou un pouco desconcertada porque, para empezar, o suxestivo título da mesma contradicía...

16 jun 2015

Os libros e a mediación da lectura en Galicia. Unha historia de amor

César Lorenzo Gil foi o invitado que cerrrou a sesión da mañá na  VIII Xornada dos Clubs de Lectura celebrada o venres, 5 de xuño, en Compostela. O tema da  conferencia deste xornalista que dirixe a revista dixital Biosbardia  foi o que vedes reflexado no título. Da súa boca sairon  interesantes comentarios propios e doutras persoas que teñen moito que dicir nesto dos libros e as lecturas. El mesmo resumiu así a súa conferencia: "Cómpre valorar a situación actual sen alarmismos,falarmos da lectura dun xeito o máis afastado posible do marketing.Qué se le , por qué se le, qué lecturas se difunden a cáles pasan desapercibidas. A...

15 jun 2015

Clubs e Comunidade Educativa

O I.E.S Lama das Quendas de Chantada, estivo presente nesta VIII Xornada  dos Clubs de Lectura porque fun invitada a  falar de Clubs e Comunidade Educativa dentro do título xeral da xornada, que lembramos era Os Clubs na construción da sociedade lectora. O meu relatorio versou sobre as diferentes actividades que promoven hábitos  lectores e involucran a diferentes membros da Comunidade Educativa. Con moitos nervios e pouco tempo, dei comezo á miña intervención facendo un repaso pola , aínda breve, historia de A Quenda do Libro e mencionado aos moitos integrantes do Club  que pertencen a sectores diferentes da comunidade...

14 jun 2015

Os Clubs na construción da sociedade lectora.

A segunda actividade da VIII Xornada dos Clubs de Lectura foi a Mesa de experiencias que tiña  como lema Os Clubs na contrución da Sociedade Lectora  valorando o papel que os clubs de lectura teñen, contribuíndo a estender os hábitos de lectura entre os diferentes membros da comunidade educativa. Nesta mesa  estaba presente o noso Club, A quenda do Libro,representado pola que escribe esta entrada.Ídesme desculpar por non ter moitas lembranzas  do que os meus compañeiros  dixeron por razóns obvias e tampouco teño fotografías propias polo que tomarei prestadas as que o público asistente tomou. Aínda así farei un resumo...

13 jun 2015

Agustín Fernández Paz ,Premio dos Clubs de Lectura 2015

As VIII  Xornada dos Clubs de Lectura de Galicia comezaron o pasado 5 de xuño coa inauguración oficial do evento por parte do Subdirector Xeral de Centros,Don José Manuel Pinal Rodríguez. A continuación ,estaba programada a entrega do Premio  dos Clubs de Lectura 2015 ao mestre Agustín Fernández Paz, quen, por desgraza, non puido estar presente aínda que estivo connosco a través dun vídeo.  As súas palabras ,sempre atinadas, déronnos forza aos asistentes para seguir con este labor comezado a prol da lectura para formar persoas con capacidade para pensar.Seguiremos sendo o que Fernández Paz denominou " sementadores de futuro" No...

8 jun 2015

Ler, falar, comer [repetir]

Eran as 11:15 h do martes, 2 de xuño. Era a hora do recreo cando comezaron a entrar no Salón de Actos, onde tiñamos preparadas as mesas con comida ,as rapazas e rapaces dos diferentes cursos dende 1º de E.S.O. ata 1º de Bacharelato. Se  houbo , polo menos, 130 persoas que algún día participaron nas actividades do Club, poucas foron as que non visitaron , nun momento ou outro do recreo ,ao resto de compañeir@s  e ao tempo picaron algo,  riron un anaco ou  , simplemente, gozaron na compaña  duns e outros. Esta festa  final da lectura, que vimos celebrando cada ano, non é unha manifestación de alegría porque...

2 jun 2015

Argumento simple.Técnica perfecta

Quizás non precisaramos máis explicacións porque o título da entrada recolle a opinión unánime do profesorado sobre a novela de Vargas Llosa El Héroe discreto.  Mais podemos engadir algunha outra pincelada das que se manifestaron na reunión do pasado xoves, 28 de maio.Por exemplo, a historia non enganchou coma noutras ocasións , parecia máis un folletín que unha novela dun nobel. Trátase dunha historia simple pero que engancha, que ten un final bonito aínda que algunha compañeira esperaba máis( incluso agardaba  que houbera "sangue" ) porque rexulta bastante previsible. E se falamos da construcción da novela, da seductora linguaxe...

1 jun 2015

Este martes non lemos

Non non leremos, teremos unha sesión conxunta de todo o Club de Lectura  para facer o que sempre facemos os galegos cando queremos celebrar algo: unha festa!! Xa sabedes que a do ano pasado foi sonada.Pois esta será mellor! Estaremos relacionándonos nun ambiente de camaradería e alegría. E cando nos vexamos tod@s xunt@s darémonos conta de que somos moitos e bos! Vémonos o martes!!...
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India