Se houbo , polo menos, 130 persoas que algún día participaron nas actividades do Club, poucas foron as que non visitaron , nun momento ou outro do recreo ,ao resto de compañeir@s e ao tempo picaron algo, riron un anaco ou , simplemente, gozaron na compaña duns e outros.
Esta festa final da lectura, que vimos celebrando cada ano, non é unha manifestación de alegría porque rematamos as actividades do Club de Lectura, mais ben ao contrario, é unha demostración da dita de ter compartido durante todo un curso una afección : a de ler. E ademais sentirnos orgullos@s de ter alguén para conversar sobre esas lecturas que fixemos.
Na festa houbo ledicia, diversión, confianza, satisfacción, optimismo, agradecemento, emoción... e un desexo compartido de volver atoparnos no vindeiro curso coa mesma motivación.
Ata daquela, que teñades moi boas lecturas!
E repetide a serie do título, pero nalgún momento insertade :durmir.
0 comentarios:
Publicar un comentario