Aínda non chegou o estío pero parecera pola calor abafante destes días. Certo que ata o domingo non vén o verán pero xa están aquí as vacacións para os escolares. Esas que comezades hoxe , e que vos dispensan de asistir ao Lama das Quendas e todo o que iso significa.
Sabedes o que fago sempre que rematan as clases: douvos consellos que algúns tomades e outros deixades. E desta volta, non me vou privar de facer extensibles as recomendacións a tod@s @s integrantes de A Quenda do Libro e tod@s @s que cheguedes a ler estas liñas, adicadas a vós coa mellor das intencións.
Oito consellos que non son moitos
Neste verán...
1.-Ten un libro a man.Goza mergullándote nas súas páxinas.Vive novas vidas en diferentes lugares e nas épocas máis diversas.Pero le porque che peta, porque queres e che da a gana.
2.- Comparte o tempo de vacacións coas persoas que queres, sexan familiares ou amig@s. E non perdas a ocasión de dicirlles canto amor sentes por eles e o content@ que estás de poder vivir na súa compaña.
3.-Dende que te ergas ata que te deites, sé positiv@ , mira a vida coas gafas do optimismo e traballa para conseguir que ao teu carón reine a felicidade.
4.-Vivimos nunha vila privilexiada pola súa paisaxe tan diversa e fermosa.Síntete en contacto coa natureza e contribúe ao seu coidado.
5.- Fai actividades.Todas as que poidas.E usa todo o que aprendiches neste curso que rematou.Lembra que así pensarás máis e serás unha persoa máis crítica e por tanto máis libre.

Así te queremos: lector , familiar, amigable , cariñoso,optimista, coidadoso, activo, reflexivo , escritor,vital e bo.
Felices vacacións!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario