As VIII Xornada dos Clubs de Lectura de Galicia comezaron o pasado 5 de xuño coa inauguración oficial do evento por parte do Subdirector Xeral de Centros,Don José Manuel Pinal Rodríguez.
As súas palabras ,sempre atinadas, déronnos forza aos asistentes para seguir con este labor comezado a prol da lectura para formar persoas con capacidade para pensar.Seguiremos sendo o que Fernández Paz denominou " sementadores de futuro"
No seu nome recolleu o premio,unha escultura realizada por Cuqui Piñeiro, Manuel Bragado, director de Xerais e amigo do homenaxeado.
Por se queredes escoitar e ver ao mestre déixovos o vídeo que agradecemos a Ler en Man Común.
En posteriores entradas iremos dando conta das diferentes actividades que se realizaron ao longo do día.


19:01
A quenda do libro
0 comentarios:
Publicar un comentario