
Como neste trimestre traballamos Os soños na Gaiola de Manuel María hoxe comezamos a sesión escollendo, cada rapaz e rapaza, un verso deste poemario.Ao final, xuntámolos todos, en diferentes ordes, e resultou algún poema chulo que máis adiante vos daremos a coñecer.
Xa tiñamos cociñados os "Entrantes variados" e a nós, aos de A, tocábanos preparar a sobremesa pero tivemos tempo de improvisar un primeror prato que consistiu en facer un poema semellante ao de "O Sol" que o poeta chairego nos regalou. Xa teredes ocasión de leelo.
E xa para rematar, @s nos@s amig@s de 2º A prepararon unha saborosa sobremesa con "Xogos", outro dos textos do libro traballado.Nesta ocasión , en equipos de dous ou tres responderon á cuestión da derradeira estrofa:" Dime a que queres xogar? /Dime neno, o teu anceio." E sairon textos, a verdade é que, un chisco forzados pero é que non estabamos entrenados.
Foi un gusto traballar con esta rapazada todo o curso, é un pracer escoitar o seu pesar por non poder xuntarnos noutra destas reunións porque o curso case remata.
Eso si, queda a festa final, na que todo o Club compartirá un tempo de lecer e... comerá de verdade!
0 comentarios:
Publicar un comentario