Desta volta eran os maiores do club os que viaxaban para vivir unha xornada de convivencia entre a rapazada e desta coa poesía.
Lamentablemente non puideron asistir, por razóns varias, un fato de rapaces e rapazas aos que lles queremos dicir que tamén estiveron connosco.
Saímos do Lama das Quendas trinta e cinco persoas coa arela de pasar unha boa xornada por terras ourensanas. E así foi.
Chegamos a Allariz onde quedaramos coa guia , Vanesa , coa que paseamos pola beira do Arnoia e polo casco histórico mentres nos ofrecía abondosas explicacións sobre a historia e os monumentos da vila.O día era soleado e agradable para camiñar e a rapazada gozou co paseo e mesmo aproveitaron anacos para comentarme que xa leran tal ou cal libro ou as sensacións que lles provocaban as lecturas coas que están.
No da moda vestíronse cos traxes expostos e , presentad@s por un "mestre de cerimonias" improvisado, desfilaron dous mozos e dúas mozas ante os aplausos dos compañeiros e compañeiras.Mesmo saíu a "deseñadora" acompañada d@s modelos para recoller as felicitacións finais.
No do xoguete puideron ver múltiples xogos e xoguetes cos que nos divertiamos os nenos e nenas doutra xeración. Realmente so se nos oía ás profesoras dicir " este tíñao eu" esto "tíñao meu irmán". Foi interesante que contemplasen estas,para eles ,"reliquias" coas que dificilmente saberían entreterse hoxe.
O maior interés amosárono por un fútbolín do que lles chocou que non se parecera moito aos de agora e ,aínda máis, que fose para as mulleres.
Despois, dirixímonos a Requeixo de Valverde para pasear polo Ecoespazo O Rexo onde puidemos contemplar as esculturas e pinturas de Agustín Ibarrola antes de encamiñarnos a Ourense para ver o Monumento de As Burgas. Ao seu carón , á sombra lemos e escoitamos poemas do libro Calados Esconxuros do poeta ourensán Antón Tovar.
De verdade : foi un pracer!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario