O pasado 19 de maio un grupo de alumn@s de2º B traballaron cos versos de Manuel María que aparecen no libro Os soños na Gaiola ao igual que fixeron os seus compañeiros do outro curso.
Escolleron o verso que máis lles gustaba e despois fóronse colocando en diferentes posicións de xeito que os poemas resultantes, lendo os versos en diferente orde, foron ...como dicilo? Curiosos!!
Logo,en equipos traballaron o poema O Sol que ían modificando ata conseguir un poema paralelo.
Houbo tantos coma grupos pero , cando os publiquemos, pensade que fixemos unha escolma para non ser demasiado reiterativos e así so publicaremos un par deles.
Pero non quedaredes sen ela porque os compañeiros de A comparten a súa que foi abondosa. Xa veredes.
Satisfeit@s da xornada entre "fogóns" deixamos o noso particular "masterchef" para reintegrarnos ás tarefas lectivas.
0 comentarios:
Publicar un comentario