Despois de unha semana de atender o Mercadiño de Libros durante o recreo, o alumnado e o profesorado
colaborador pechou a actividade por este ano. Concluíu así a semana de celebración do Día das Bibliotecas.
Aínda que queda analizar máis polo miúdo os resultados, unha primeira impresión é que , a pesar da pouca asistencia do alumnado de 2º ciclo de E.S.O e bacharelato ao centro durante as xornadas de martes, mércores e xoves por mor da Folga convocada contra a L.O.M.C.E. , resultou unha actividade interesante e valiosa polos obxectivos de convivencia e de solidariedade propostos.
O alumnado e o profesorado tiveron ocasión de mercar libros e algúns alumnos, arredor de 30, prestáronse libros que ou ben son dos prescritos polo profesorado dalgunha materia, ou, simplemente, lles apetecía ler.
Dada a colaboración prestada, tanto ás mediadoras coma ós membros do Equipo da Biblioteca nos parece acertado manter a actividade para o vindeiro curso.

Como anécdota mencionar que houbo un alumno que mercou moitos libros , en varios días. Pero o terceiro día de mercadiño comentounos "veño sen cartos porque se non sei que compro". Todo é gastar pero noutras cousas podían estar peor investidos os cartos.
Para rematar queremos reiterar o agradecemento pola participación a tod@s con un "libroabrazo".
0 comentarios:
Publicar un comentario