![]() |
Libros prestados polo C.E.I.P Eloísa Rivadulla |
Dende a semana pasada sabemos coa rapazada coa que contamos no club.Así que ,o seguinte paso foi procurar o número de exemplares precisos para que os nosos lectores dispoñan de cadanseu libro para ler de vagar e cando poidan e queiran.
Introducíndonos nas Bibliotecas do Concello ,a través dos Catálogos Meiga, puidemos observar que no C.E.I.P Eloísa Rivadulla contaban cun bo número dos que nós precisabamos.
Postos en contacto coa Dirección do Centro, o director, Xabier, deunos hora para acudir á súa Biblioteca onde dúas compañeiras ,Mª Carmen e Elba , nos axudaron e nos fixeron o préstamo de 65 libros que a nós, no Lama das Quendas, tan ben nos veñen.
Grazas aos mestres do Eloísa Rivadulla pola súa colaboración e xenerosidade.
0 comentarios:
Publicar un comentario