O que máis lle gustou ao alumnado de 3º B de A voz do lago foi a existencia dese libro " maldito" que está no pazo e cada vez que se abre algo sucede. Subliñan a aparición, pouco verosímil, de sereas que tamén apareceran en De Profundis de Miguelanxo Prado ( a súa lectura do 1º trimestre).
Decláranse afeccionad@s ás lecturas de lendas,de aventuras e ciencia ficción.
De volta á realidade falamos de María Mariño, a poeta que Antón Riveiro Coello converte en coprotagonista da novela. Coñecíana, e tamén algúns dos versos que coseu.E lembramos o escenario no que o autor sitúa a narración que nos levou a contemplar imaxes...
31 mar 2017
30 mar 2017
Tristes armas se non son as palabras.
Nun día desacostumado, mércores, tivemos a reunión do club de lectura que non puideramos celebrar o día anterior por mor dunha actividade que se programou na nosa hora .Para seguir coas "rarezas" , tampouco a realizamos cada grupo por separado senón que @s de A e B compartiron espazo pola ausencia xustificada da persoa encargada de comentar a lectura con 2º A. Así que fóra de día, fóra do habitual pero coas ganas de sempre apareceron as alumnas de 2º B e pouco despois, o alumnado de 2º A para , á hora de sempre, falar de Kafka e a boneca viaxeira e A Pomba e o Degolado.
As modificacións que tivemos que efectuar para adaptarnos ás circunstancias,...
27 mar 2017
Reunión do alumnado de 2º de ESO e PMAR

O vindeiro martes, 28 de marzo, xuntarémonos para falar de Kafka e a boneca viaxeira e A Pomba e o Degolado.
Poderemos falar do parque que visitaba Eli para xogar coa súa boneca e dese ao que foi Andrés para choupar baixo a chuvia ( aínda que fose en lugares ben distantes e en épocas diferentes).Ou comentaremos a paixón por escribir que recoñecemos en Kafka e na avoa de Andrés.O primeiro escribe cartas e , da segunda, o seu neto cre que se convertirá nunha nova Rosalía.Ou pode que meditemos sobre as paixóns dos protagonistas: Eli adoraba escoitar historias e Andrés os paxaros.
Dialogaremos do que queirades a partir das 11:15...
23 mar 2017
Teño medo da ignorancia que manifestan os que mandan
Lemos Cartas de inverno, así que falamos un pouco do autor e das súas obras; tamén doutras historias terroríficas: Drácula, Frankestein, O príncipe da brétema...
Hai anos, co propio Fernández Paz, que daquela dirixía un curso de escrita creativa, construímos un texto con todo o que nos gustaba. Hoxe fixemos o mesmo cos nos medos. A actividade consiste en repetir a estrutura sintáctica deste enunciado: Eu teño medo dos ruídos que se escoitan pola noite.
Así saíron mensaxes cheos de lirismo, de humor e, como non, terroríficos:Teño medo dos ruídos que se escoitan pola noite, do futuro que me prepara o destino, das cadeas que te aferran ao...
21 mar 2017
Non deixou a ninguén indiferente

Temos compañeir@s @s que lles encantou A conxura dos necios de John Kennedy Toole. Consideran que é unha obra " maxistral", "inxeniosa", con moita ironía e sarcasmo. (E aquí podiamos reproducir unha restra de cualificativos que adornarían a crítica). A outr@s non lles gustou nada porque o protagonista lles resultou noxento, repulsivo; a narración moi repetitiva e o listado de personaxes inadaptados é demasiado longa. "É unha novela excesiva", resumen.
Uns/unhas leron a novela completa , con máis ou menos desgana, e outr@s deixárona nalgunha desas páxinas nas que quedaron "atascad@s" durante varios días , sen ser quen de...
20 mar 2017
Reunión do alumnado de 3º de ESO

O vindeiro martes teremos a xuntanza de 3º de ESO nas Aulas Multimedia e Obradoiro.Coma sempre, será ás 11:15 h.
Recibiremos a primavera e falaremos das cartas de inverno.
Agardámosvos!!...
16 mar 2017
A xente pode cambiar
Á pregunta de: gustouvos a novela? só un rapaz contestou con rotundidade e xustificou o por que ademais de proporcionarnos a "ensinanza" que el quitou da lectura: cre que nos Centros de Menores hai moita xente que está alí por razóns moi diversas e, aínda que fora xente que se meteu en problemas no seu día, en calquera momento pode cambiar. Concordamos plenamente o resto d@s asistentes.
Lemos a páxina na que a autora proporciona datos reais da delincuencia de menores que el@s conectaron deseguida coa charla do Programa Ktorce18 á que asistiran e na que lles falaron das condutas infractoras dos adolescentes e das consecuencias...
15 mar 2017
Reunión do profesorado

O vindeiro venres, xuntámonos para conversar sobre A conxura dos necios de John Kennedy Toole porque nós non somos coma o protagonista que di “Só me relaciono cos meus iguais, pero como non teño iguais non me relaciono con ninguén.”
Creo , polos comentarios que nos van chegando, que é unha novela que adoras ou detestas, así que ben sei que haberá moitos e saborosos comentarios sobre Ignatius Reilly e o mundo que o rodea.
Xa falaremos!! ...
10 mar 2017
O "neno" deu que falar!
"Encantoume", "non me gustou nada", "é un libro para 1º de ESO", "gustoume moito"... foron algunhas das primeiras impresións dos pais, nais e amigas do club de lectura sobre El niño en la cima de la montaña , de Jhon Boyne, na reunión do pasado mércores na Biblioteca do IES.
A cousa principiaba ben! En serio! Encontro moi estimulante que @s lector@s teñamos opinións diferentes sobre o mesmo libro, é moi enriquecedor porque nos permite conversar e manifestar diferentes argumentos de modo que tod@s temos algo que dicir. O que non ocorrería se estivésemos completamente de acordo .
Logo xa foron matizando as súas cualificacións...
Reunión do alumnado de 4º de ESO

O vindeiro martes, 14 de marzo, teremos a reunión para falar de Mentira de Care Santos.Opinaremos sobre a historia e os protagonistas.
Na Aula Multimedia, ás 11:15 h teremos tempo de pensar nos perigos de internet, dos libros que nos marcaron, das persoas importantes na nosa vida... de todo aquilo que desexemos.
Quizás tamén analicemos se é certo que , ás veces, a verdade agacha unha mentira. Ou era que a mentira esconde algunha verdade? ?
Aclararémonos!!
Por certo, recoméndamos a escoita da canción El fantasma de Canterville de Nito Mestre.Ao mellor podía asinala o propio Éric. E de seguro que a Xenia lle encantaría!!
...
9 mar 2017
Nin un bala perdida, nin unha bala perdida.

Tras comentar o significado tan diferente que, unha vez máis, teñen as palabras e as expresións segundo utilicemos o masculino ou o feminino, pasamos a comentar Bala perdida de Manel Rivas. Ao comprobar que só unha rapaza lera o libro quixen preguntar polos motivos polos que nun club de lectura non se le, e déronseme varios pouco cribles. Ao comprobar que a miña cabeza anda «algo perdida» e que a lectura era para o próximo mes de abril; pasamos a falar dos seus gustos en libros. Prefírenos de crimes, de misterio e de terror, pero que sexan fáciles de entender! Entre os favoritos están: A historia interminable, Momo, Primer curso en Torres...
8 mar 2017
Facer "tres en liña" para conseguir a merenda!
Si, o noso libro está protagonizado por unha fantástica cociñeira, pero nós tamén podemos elaborar unhas pizzas, unhas empanadas de mexillóns, unhas galletas francesas recheas de praliné e uns brownies mortais!
Problema...pequeno: non temos cociña no instituto! Non hai nada que nos arrede!Xa veredes!Demos coa solución: xogamos a cociñar!Como cando eramos pequen@s e non nos deixaban achegarnos nin ao lume.
Dividimos @s 20 asistentes en dous grupos.Despois , por parellas (un de cada equipo) xogaron ao "tres en liña" para conseguir os ingredientes que permitiran as elaboracións.
Como xa dixemos, podiamos facer dous pratos principais...
7 mar 2017
Reunión de pais /nais/amig@s do club de lectura

O vindeiro mércores 8 de marzo terá lugar a reunión do club de lectura dos pais, nais e amig@s de A Quenda do Libro.
Falaremos da lectura realizada e das reflexións que o texto , seguramente, nos provocou. Pode ser ocasión para darlle un repaso á educación e aos valores que precisa a nosa sociedade; para conversar entre nós e compartir as nosas ideas, opinións, desexos, medos...
Se liches o libro ou non, pero pensas facelo ( e non che importa que cho "destripen"); teñas vido ou non a outras reunións,se queres e podes, pásate pola biblioteca do IES Lama das Quendas o mércores. De seguro escoitaremos cousas interes...
6 mar 2017
Reunión do alumnado de 1º de ESO

O vindeiro martes, 7 de marzo , ás 11:15 h. teremos a reunión de 1º A, na Aula Multimedia; e 1º B, na Aula Obradoiro.
Non sabemos moi ben se Escarlatina axudará a Potas a cociñar algo delicioso para que ao famento Bala Perdida non se lle ocorra comerse a outra perna súa. Igual o pirata traslada ,a bordo do Liberdade, á cociñeira para que pase a eternidade a carón dos sus pais coa axuda de Román que cambiou o seu desexo de pilotar un F85 por levar o timón dun barco.Mesmo pode que Ganso Salvaxe recolla esas noticias no Celtic News.
Xa veremos o que pasa.Cacho na tos!...