Á pregunta de: gustouvos a novela? só un rapaz contestou con rotundidade e xustificou o por que ademais de proporcionarnos a "ensinanza" que el quitou da lectura: cre que nos Centros de Menores hai moita xente que está alí por razóns moi diversas e, aínda que fora xente que se meteu en problemas no seu día, en calquera momento pode cambiar. Concordamos plenamente o resto d@s asistentes.
Lemos a páxina na que a autora proporciona datos reais da delincuencia de menores que el@s conectaron deseguida coa charla do Programa Ktorce18 á que asistiran e na que lles falaron das condutas infractoras dos adolescentes e das consecuencias legais e responsabilidades dos menores infractores. Están ben informad@s.
O que non lles viña á mente era o crime real no que a autora confesa que se baseou. Quédalles lonxe e non procuraron información.
A continuación mencionáronse os libros que len os personaxes dentro da novela e, citando a frase da bibliotecaria que nela aparece, dixeron os títulos daqueles libros que os "atraparon" a el@s. Hai bastante unanimidade por iso só se nombraron :La última jungla, La tumba de Aurora K, O enigma de Caronte, A ladroa de libros e Cartas de Inverno.
Antes de rematar a reunión informando da lectura escollida para o 24 de abril para conmemorar o Día do Libro nunha xuntanza conxunta de pais,nais, profesorado e alumnado que desexe asistir, escoitamos a canción de Nito Mestre titulada El fantasma de Canterville que lle acae moi ben a esta historia narrada.
0 comentarios:
Publicar un comentario