"Encantoume", "non me gustou nada", "é un libro para 1º de ESO", "gustoume moito"... foron algunhas das primeiras impresións dos pais, nais e amigas do club de lectura sobre El niño en la cima de la montaña , de Jhon Boyne, na reunión do pasado mércores na Biblioteca do IES.
A cousa principiaba ben! En serio! Encontro moi estimulante que @s lector@s teñamos opinións diferentes sobre o mesmo libro, é moi enriquecedor porque nos permite conversar e manifestar diferentes argumentos de modo que tod@s temos algo que dicir. O que non ocorrería se estivésemos completamente de acordo .
Logo xa foron matizando as súas cualificacións do comezo.
Independentemente de que a historia nos gustara máis ou menos, de que nos convencera ou non o final, de que creamos que finalmente Pierrot se redimise ou non trala confesión dos seus actos ao escritor amigo, maioritariamente conviñemos en que é un libro fácil de ler protagonizado por un rapaz manipulable, fascinado polo Führer, magnetizado polo poder dos "cachorros "nazis, aillado do resto do mundo e impasible ante o horror que acontece ( e que ás veces el mesmo provoca).
Debatemos sobre a importancia do ambiente na educación das persoas ( non só d@s nen@s) e da posibilidade de rectificación e emenda de todo ser humano. (Porque tod@s temos dereito a equivocarnos).E profundizamos en certos momentos da historia para analizalos con precición, mesmo buscando ás páxinas nos que se narraban os feitos.
Houbo unha compañeira que nos explicou a súa teoría interpretativa relacionada con Pierrot/ Peter Fisher quen renega do seu amigo xudeu Anshel, ao xeito que fixo Pedro con Xesús na Biblia.E mesmo o nome do protagonista en francés, levou a algunha persoa ata os silenciosos "mimos".
Charlamos de moitas máis cousas das que non facemos mención porque isto tampouco ten que ser un "un acta".E case ao final ,unha das nais recomendounos ler La casa del propósito, tamén de Jhon Boyne ( porque xa tod@s leran El niño del pijama de rayas).
Acabamos a reunión , coma sempre, co préstamo de libros @s asistentes . Levaron os recomendados para a vindeira reunión e outros porque "necesitan " ler. Estas adiccións non son perigosas!
0 comentarios:
Publicar un comentario