30 nov 2016

E a vida quedou quieta...

Levabamos  tempo pensando en facer o reto.Na reunión do equipo da biblioteca  comentábase, pero quedaba sen data ;mais, finalmente, hai quince días que fixamos a data que nos conviña a tod@s  por non estar sinalada ningunha outra actividade no recreo do luns 28. Desta volta, o curioso foi como a rapazada se enterou aos poucos minutos de colocar os carteis , antes de que llo mencionásemos nas aulas ,e como puntualmente, apurando os bocadillos, agardaban á porta da nosa biblioteca. Grazas a Alfonso, coordinador da biblioteca, que non se paralizou porque durante un anaco era o único ser que daba mostra de vida naquel espazo ...

28 nov 2016

Reunión do alumnado de 3º A e B de ESO

 "Aquel día, despois dunha pesca abondosa, cando xa estaban a piques de dar por terminada a xornada, os pescadores pescaron o único pez que non podían,que  non debían pescar: o pez que se alimenta das almas dos mariñeiros que morren no mar sen que ninguén os recorde." Pobres mariñeiros! Que vai suceder? Como xa o lestes xa o sabedes, só resta comentar a historia e as fermosas ilustracións de De Profundis de Miguelanxo Prado. Farémolo o vindeiro martes, 29 de novembro,a partir das 11:15 na Aula Multimedia  e Obradoiro. Queremos escoitar a túa opinión!!  ...

25 nov 2016

Tanto que dicirlles aos avós!

Estes rapaces van ler« Enrugas», historia emotiva onde as haxa, pero hoxe non queremos estar tristes, así que escríbenlles cartas fermosas aos seus avós.     Iván Varela dille á súa avoa:    «Quería darche as grazas por estar todos os días aí e por apoiarme nos bos e nos malos momentos. O que máis me gustaba , cando era pequeno, era estar os dous na cama e oír as historias de cando ti eras nena, de como traballabas e como vos divertiades. Disme que agora só sabemos divertirnos con móbiles e con trangalladas».     Lía dille á súa avoa: «Eres mi segunda madre, por ser la que me cuida, la...

23 nov 2016

Que difícil é atopar parella!!!

Tocaba realizar actividades que axudasen a entender a lectura deste trimestre:Engurras de Paco Roca  así que comezamos a reunión de onte, martes, co alumnado de 2º A de ESO formulando a seguinte pregunta: Que é o que máis perden @s maiores? El@s,pensando nos seus avós  responderon con unanimidade:"oído e memoria". Ás veces non é tanto que perderan audición,- que si pasa-, senón que, ás veces,  non oen porque non nos escoitan.Non sabemos se é porque non temos nada bo que dicirlles ou que pensan que  que lles imos dicir nós que el@s non saiban. Puxémonos logo ,por un pouco, na "pel" dunha persoa maior e pasámonos mensaxes...

21 nov 2016

Reunión do alumnado de 2º de ESO

Non sodes maiores que perderon oído ou quizais memoria; así que , rapazada de 2º de ESO , lembrade que a reunión do club é o martes, 22  de novembro, nas aulas Multimedia ( 2º A)  e Obradoiro (2º B) , ás 11:15 h. Pasaremos un anaquiño xunt@s pensando en libros e historias e traballando con elas. Agardámosvos!!...

MAMÁ ! Que fai un somier como porta do meu cuarto???!!!!

 «Chapuza feita por un arquitecto». Así definen os rapaces o feísmo arquitectónico, fronte á wikipedia que nos proporciona unha información máis elaborada:«conxunto de infravivendas, construcións, infraestruturas e obras humanas con alto grao de mediocridade que degradan o seu contorno». Entregámoslle unha viñeta, onde aparece unha muller «concienciada» coa reciclaxe: usa unha vella antena de tv. como tendedeiro; somieres, para cerrar unha leira; botes de Cola Cao e rodas usadas, para pór plantas... Os rapaces din que nas súas casas ,ou nas dos veciños, se fai o mesmo: potas vellas, para comer as galiñas; bañeiras onde se plantan «fresas»;...

16 nov 2016

En cada casa unha historia

Normal 0 false false false ES X-NONE X-NONE Cada libro que lemos dinos algo máis  do que nos conta. Estamos lendo coa rapazada de 1º A de ESO  A Mansión dos Pampín  de Miguelanxo Prado e teremos ocasión , na próxima reunión, de falar e opinar da historia da familia Pampín e as súas peripecias.Na de onte , martes, quixemos afondar na  harmonía que debe existir entre as vivendas e o medioambiente, o patrimonio histórico-artístico e o contorno en xeral. Por iso , cada rapaz escolleu a cegas un...

14 nov 2016

Reunión do alumnado de 1º de ESO

Se existe algún grupo especialmente interesado en que teñamos reunións , ese é o de 1º de ESO. Non hai día no que non pregunten :" cando é que nos xuntamos?" E teñen o calendario pegado no taboleiro do club , e saben que vén tocando unha reunión por mes  pero semellan desas persoas que senten que ,ao preguntar, suceden antes as cousas. E por fin, chegou o día. Mañá martes, ás 11:15 horas, na aula Multimedia e na Obradoiro xuntarémonos  para facer actividades. Cales?...Xa o saberedes, impaciente...

10 nov 2016

Unha viaxe inesperada

Iniciamos a viaxe da sesión co alumnado de 4º proporcionándolles unhas viñetas de Quino para que  imaxinasen a historia que  narraban e  que , logo, nos tiñan que contar. Toda a creatividade agromou e prendeu nos seus  relatos que , ademais, remataron cun refrán ben atinado en cada caso. Na primeira parada do noso recorrido , verbalizaron as diferentes maneiras de contar historias: con palabras, con debuxos, con xestos... Despois,reiniciamos o camiño observando a maleta cun gran interrogante que se debuxara na pizarra.E falamos dela. Alguén dixo que ía de viaxe,que cambiara de dono,que estaba perdida nun aeroporto ,de...

Lecturas do outono

Non queremos dicir que só se poidan ler estes libros durante o outono. A  afirmación do titular significa que estas son as lecturas que as diferentes seccións do noso club de lectura lerán neste outono. A rapazada lerá novela gráfica para introducilos pouquiño a pouco neste marabilloso mundo que combina imaxe e texto.A rapazada de 1º de ESO, 3º de ESO  e 1º e 2º de Bacharelato lerán respectivamente   A Mansión dos Pampín , De Profundis,  e  Trazo de Xiz, todos da autoría de Miguelanxo Prado. Para os de 2º de ESO escollemos  Engurras , de Paco Roca ;e ,finalmente , os de 4º de ESO  meteranse no mundo...

7 nov 2016

Reunión do alumnado de 4º de ESO

Rapazada de 4º, lembrade a nosa reunión do club do vindeiro martes, 8 de novembro. Será  na Aula multimedia e na Obradoiro, ás 11:15 horas. Aproveitade a mirar con detemento a fotografía da convocatoria e xa nos contaredes que vos suxire. Agardámosvos!!...

2 nov 2016

Chegou a hora de valorar

Rematada a semana do Mercadiño de Libros chegamos ao momento de valorar a actividade. Non de facer contas e pensar en términos monetarios soamente  senón que é o instante de analizar pros e contras, beneficios e prexuízos se os houbera. No apartado de doacións sinalar que  recibimos 35 exemplares novos nesta ocasión.Á rapazada que nos cedeu os libros, entregámoslle 29 vales dos cales só fixeron efectivos 16. Algunhas persoas aportaron libros para prestar ata acadar os 18 que se expuxeron no mostrador do noso mercado, dos cales levaron 8 de emprestado para as súas casas. E xa ,finalmente,entre o alumnado e o profesorado mercaron...
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India