31 may 2016

A quenda do viaxe

O pasado xoves estivemos de visita cultural por Santiago con parte do alumnado de A Quenda do Libro; se queredes ver as imaxes das visitas, da estadía... pinchade no enlace de debaixo onde Alfonso, o coordinador da biblioteca,puxo á vosa disposición o vídeo da viaxe. Se non queredes cambiar de páxina, tamén tedes aquí o vídeo. É un resumo , de xeito que non está todo o que vivimos, pero todo o que está, vivímolo. @s viaxeir@s quédanos de recordo! ...

30 may 2016

O mundo é un libro e aqueles que non viaxan só len unha páxina

Alumnado de todos os grupos do club de lectura ( salvo de 2º de bacharelato que están inmersos na preparación da selectividade e declinaron a invitación), dende 1º de E.S.O a 1º de Bacharelato subiron aos dous autobuses o pasado xoves, 26 de maio para vivir en Santiago unha xornada de visitas culturais e convivencia. Resulta realmente complicado a escolla do lugar que visitamos cada curso porque temos que atender a diferentes   variables: debe ser un lugar próximo ( por tempo de desprazamento e custe) , debe resultar interesante ( pero para persoas de moi diferentes idades) ,debe ser un lugar no que acollan a un grupo tan numeroso...

29 may 2016

Reunión do alumnado de 1º de Bacharelato

O vindeiro martes,31 de maio,  ás 11:15, na Aula Multimedia celebraremos a reunión do alumnado de bacharelato. Traballaremos o poemario de Berta Dávila titulado Raíz da fenda.  O libro,que foi publicado hai uns anos, e a autora foron tema do “ZigZag Diario” da TVG onde podedes escoitar o que fala sobre o seu libro e mesmo escoitarlle recitar algún poema. Tod@s temos perdido alguén,o sentimento de perda é algo universal,  así que podemos entender a Berta Dávila e as súas experiencias. Agardámosvos!...

27 may 2016

A lectura faivos felices.

Andaban a recoller os froitos do curso nun folio con letras e números e aínda tiveron tempo de achegarse ao club de lectura.A derradeira reunión do alumnado de 2º de bacharelato foi atípica polo emprazamento ( fixémola fóra e deixámosvos foto non para que vexades aos asistentes senón para que vexades o que nós viamos); pola lectura ( a obra dun veciño e exalumno do Lama das Quendas) ; polo momento(recén entregadas as notas finais de 2º de Bacharelato) e, á fin , polas circunstancias derivadas do remate da súa escolaridade e o comezo dun novo camiño cos estudos que cada quen agarda poder comezar en setembro. A melancolía e, xa case a nostalxia...

23 may 2016

Reunión do alumnado de 2º de Bacharelato.

O poema da fotografía pertence ao libro de  Rafa Lobelle titulado Andar ás apóutegas e parécenos moi atinado traelo para convocarvos á derradeira reunión, como alumn@s, do  voso club de lectura.Terá lugar o vindeiro martes, ás 11:15 h ( despois de que teñades recollidas as que desexamos mellores calificacións e antes  de que iniciedes ese novo e exitoso camiño que vos pronosticamos). Falaremos deste e outros poemas do libro mencionado, da literatura en xeral e da que vós queirades , en particular. Por certo , por se outras persoas non habituais se quixeran achegar á reunión, deixámosvos o enlace do Concello da Estrada , onde...

Xabier Quiroga, grazas por escribir.

Xa nos gustaban as novelas de Xabier Quiroga e tralo  encontro que o autor tivo cos pais e nais do noso club, aínda nos gustan máis porque sabemos que dentro delas hai un anaco da nosa terra e das nosas xentes . Hai uns días ,compartimos máis de dúas horas con Xabier no encontro que vivimos na biblioteca do Lama das Quendas.Nese tempo explicounos como armou a súa derradeira novela publicada:Izan o da saca , como foi tomando decisións nunha ou outra dirección e como lle foi engadindo partes ao texto orixinal ata quedar tal e como a podemos ler. A complexidade na súa estructura  foi motivo de comentario e cada quen manifestou as...

12 may 2016

Palabras, palabras, palabras...

Ai , que importantes son as palabras!!Nisto estamos  de acordo rapazada e mediadoras.  En Para cantar e contar , varios autores cóntannos e cántannos diferentes textos. Destes  , o alumnado de 1º de ESO non entendeu o de Mª Dolores Ruiz : Lucas, o vampiro do leite.Falando , falando  chegaron a comprendelo, pero aínda así non lles gustou. Bicos, bicos e máis bicos, de Antonio García Teijeiro xa lles agradou máis , aínda que opinan que se trata de poemas demasiado chuchóns. Sonsonetiño de Xoán Babarro González e Palabras de Gloria Sánchez García parecéronlles estupendos.Gozaron con eles. Sospeitabamos que esa sería a...

10 may 2016

Encontro co autor Xabier Quiroga

Gústanos tanto ler!! Se non fose así , non levariamos todos estes anos lendo e xuntándonos para falar do que lemos. A lectura é o noso vicio, ou un deles polo menos.E so hai algo que nos guste tanto como mergullarnos nun libro: poder compartir con alguén coma nós, ávidos lectores,  o que pensamos, sentimos, gozamos ou padecemos con ese libro. Chegou , pois, a hora de  facer o propio con Izan o da saca de Xabier Quiroga. A reunión terá lugar o vindeiro xoves,12 de maio, ás 17:30 horas, na Biblioteca do instituto.E será unha reunión atípica, na miña opinión, unha xuntanza con premio porque a compartirá connosco o autor mecionado:...

9 may 2016

Reunión do alumnado de 1º de ESO

Hai polo menos vinte anos, un avó prantou unha ameixeira diante da atenta mirada do seu neto pequeno. Pepe, que así se chamaba o home , explicoulle ao  neno que a estaba prantando  para el, que a ameixeira , daquela pequeniña coma o neno, iría medrando coma el e que  axiña daría froitos que lle habían  agradar.O regalo encantoulle ao rapaz que dende o primeiro día cumpriu o mandato do avó porque a tiña que coidar e protexer.Era frecuente ver ao neno abrazado á pequena ameixeira falándolle , dándolle explicacións polo que facía , pensaba ou quería.A imaxe non está rexistrada, quizais daquela era menos doado fotografiar todo...

7 may 2016

XII Semana da Poesía no Lama das Quendas

Celebrouse nestes días a XII Semana da Poesía  no noso centro. O alumnado de 1º de bacharelato , baixo a batuta da súa profesora de Lingua Galega , e mediadora no noso club de lectura, organizou unha serie de actividades nas que toda a rapazada do centro participou por quendas seguindo as  indicacións dos artistas.Porque fan verdadeira arte conxuntando literatura, música, artes plásticas, cine ... As poesías de diferentes autores foron o punto de partida para deseñar os proxectos que , por rincóns,  enchían o espazo do salón de actos.. O alumnado de 1º de E.S.O.  que vedes nas fotos, quedou impresionado pola mestura...

5 may 2016

Makinaria con música

Púxemoslle música aos poemas de Makinaria. A rapazada, sen previo aviso,  atopouse con que tiña que buscar unha melodía para o poema  titulado " SOUND PLAY SESSION.VOL.1". Unhas persoas entregadas á causa musical, outras vergoñentas. Algún grupo que deseguida xuntou letra e música, outros que non atopaban xeito... así , devagar , para levarlle a contraria  ao poemario de Carlos Negro, cada grupo escolleu o ritmo  que lle apeteceu. Pagou a pena o"festival".Tivemos dende rock duro ata hip-hop pasando por ritmos máis melódicos.E ao final  de cada interpretación os aplausos e as risas  enchían a aula. Debemos dicir,...

4 may 2016

O pouso do encontro con Gonzalo Moure

Gonzalo Moure asinando libros Invádenos a agradable sensación de ter compartido o noso tempo e o noso espazo cunha excelente persoa do que coñeciamos a súa obra e agora, ademais, admiramos polo que nos contou. É un engaiolante orador que co seu xeito de expresarse cativa ao auditorio. Ao respecto do noso encontro non queremos deixar de contar algo máis. Por exemplo ,que Gonzalo Moure achegouse á nosa Biblioteca onde admirou os carteis  nos que estamos lendo baixo unha árbore  e onde se abraiou coa gran fotografía na  que  se pode contemplar aos lectores na carballeira que temos no recinto escolar, a nosa Carballeira(con...

2 may 2016

Reunión do alumnado de 2º de E.S.O.

Con frecuencia non podemos escoller o que nos vai pasar , pero actuar dun xeito ou doutro pode contribuír a que teñamos un tipo de vida ou outra, ou teñamos un desenlace ou outro. O vindeiro martes, 3 de maio , o alumnado de 2º de ESO traballará co libro de poemas titulado Makinaria de Carlos Negro na Aula Multimedia, ás 11:15 h. Será " unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos"....
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India