Púxemoslle música aos poemas de Makinaria. A rapazada, sen previo aviso, atopouse con que tiña que buscar unha melodía para o poema titulado " SOUND PLAY SESSION.VOL.1".
Unhas persoas entregadas á causa musical, outras vergoñentas. Algún grupo que deseguida xuntou letra e música, outros que non atopaban xeito... así , devagar , para levarlle a contraria ao poemario de Carlos Negro, cada grupo escolleu o ritmo que lle apeteceu. Pagou a pena o"festival".Tivemos dende rock duro ata hip-hop pasando por ritmos máis melódicos.E ao final de cada interpretación os aplausos e as risas enchían a aula. Debemos dicir, por non faltar á verdade, que a versión roquera foi a máis admirada.
Xa para rematar realizamos unha actividade na que o alumnado puido comprobar que ,ás veces, coma o rapaz " protagonista" de Makinaria oímos o que queremos e non escoitamos aos demais ( aínda que teñan razón). Así, co poema titulado " Nota necrolóxica" fixemos un dictado verso a verso , boca-orella sendo, ao final da cadea, escrito nun folio pola derradeira rapaza.As palabras corrían a ritmo vertixinoso e ,aquí cómpre dicir que ,calquera parecido do poema que chegou co orixinal , é pura coincidencia.
Quixemos gozar coa poesía e parece que se logrou!



0 comentarios:
Publicar un comentario