
Hai polo menos vinte anos, un avó prantou unha ameixeira diante da atenta mirada do seu neto pequeno. Pepe, que así se chamaba o home , explicoulle ao neno que a estaba prantando para el, que a ameixeira , daquela pequeniña coma o neno, iría medrando coma el e que axiña daría froitos que lle habían agradar.O regalo encantoulle ao rapaz que dende o primeiro día cumpriu o mandato do avó porque a tiña que coidar e protexer.Era frecuente ver ao neno abrazado á pequena ameixeira falándolle , dándolle explicacións polo que facía , pensaba ou quería.A imaxe non está rexistrada, quizais daquela era menos doado fotografiar todo y a todos coma se fai hoxe, pero a ameixeira aí a tedes na foto, e o neno na actuialidade non é tan grande como a ameixeira pero medrou abondo. Xa non coida da ameixeira porque está estudando fóra e porque outro o fai por el, pero ben que lle saben as ameixas no verán.Cada unha que come énchelle a boca da dozura da froita e o espírito de nostalxia.
Que vos parece a historia?Hai algo nela imprescindible: as palabras.As palabras que nos serven para comunicarnos, para alegrarnos, para enfadarnos... en definitiva para cantar e contar, como se titula o libro de traballo deste terceiro trimestre.
O vindeiro martes, 10 de maio, na reunión do alumnado de 1º a e B de .ES.O. será o que fagamos : empregar as palabras para cantar e contar.Igual falamos de ameixeiras que teñen froitos raros que parecen libros.
Agardámosvos.
Enviar por correo electrónico
Escribe un blog
Compartir con Facebook
0 comentarios:
Publicar un comentario