Alumnado de todos os grupos do club de lectura ( salvo de 2º de bacharelato que están inmersos na preparación da selectividade e declinaron a invitación), dende 1º de E.S.O a 1º de Bacharelato subiron aos dous autobuses o pasado xoves, 26 de maio para vivir en Santiago unha xornada de visitas culturais e convivencia.
Resulta realmente complicado a escolla do lugar que visitamos cada curso porque temos que atender a diferentes variables: debe ser un lugar próximo ( por tempo de desprazamento e custe) , debe resultar interesante ( pero para persoas de moi diferentes idades) ,debe ser un lugar no que acollan a un grupo tan numeroso ( non aceptan tantas persoas na maioría dos sitios)...
Escollemos viaxar a Compostela polo antes dito e porque as nosas visitas tiñan unha motivación clara baseda en lecturas que fixemos ao longo do curso.
Era xa mediodía e xantamos nos xardíns do campus para , ao rematar, achegarnos polas rúas ateigadas de peregrinos e estudiantes á Praza do Obradoiro e rúas adxacentes para sentirnos parte desa grande cantidade de persoas que adora Santiago.
De regreso aos autobuses collemos dirección San Lázaro para pasar a tarde no MUPEGA ( Museo pedagóxico de Galicia).Divididos en dous grandes grupos, acompañados polos guías do museo recorremos as instalacións nas que puidemos admirar unha copia do cadro de Xulia Minguillón : "A escola de Doloriñas" diante do que o alumnado de 1º e 2º parou un bo anaco para observar os detalles do mesmo e escoitar a historia e explicacións que Toño, o noso guía, daba.Precisamente ese cadro foi a orixe desta visita tras ler Contos de medo no museo por parte do alumnado de 3º de ESO xa que un destes contos está baseado precisamente neste cadro , que desgrazadamente non van poder contemplar os alumn@s de 1º de ESO na súa visita ao Museo Provincial de Lugo porque está prestado ao Museo Reina Sofía de Madrid.Outra vez será.
Ao contrario do que pensaban os guías, as dúas horas de visita foron escasas para moitos rapaces e rapazas que dicían non tiñan ocasión de disfrutar tranquilamente dos xoguetes, láminas, mapas, fotografías , máquinas... que se recollen neste museo pedagóxico.Nós so poñemos a semente, abrimos posibilidades, agora son eles quen, cos seus pais, poden realizar a unha nova visita, como ocurriu noutras ocasións.
A rapazada comportouse, coma sempre, con educación e respecto e atenderon ás explicacións polo que á salida , os guías louvaron a súa actitude.
Estamos preparando o vídeo que resuma a viaxe cultural dese día ,mentres mirade algunhas fotografías.
Foi esta unha xornada perfecta:bo día, boa compañía e boa cidadade.
Non hai máis que pedir!!

Foi esta unha xornada perfecta:bo día, boa compañía e boa cidadade.
Non hai máis que pedir!!
0 comentarios:
Publicar un comentario