26 mar 2015

Todo por unha cazadora!


O pasado martes, xuntámonos para falar de La cazadora de Indiana Jones de Asun Balzola co alumnado de 1º  de E.S.O. B.
Primeiro mantivemos unha conversa na que a rapazada ía contando  quen eran os personaxes da lectura, as cualidades que os caracterizaban  , que lles pasaba… Ao tempo xulgaban as  maneiras de enfrontarse aos problemas aos que lle tiñan que facer fronte , fundamentalmente á protagonista da novela, Christie.
Prestamos especial atención ás lecturas infantís de Christie : Peter PanGulliver en el país de los enanos  , así como  ao título do libro que  Georges lle regalou:El guardián entre el centeno de  J. D. Salinger, novela  que , por certo, sae en outras novelas que algúns leron como Las lágrimas de Shiva de  César Mallorquí, por exemplo.
Posteriormente pasamos a  falar de nós mesmos en relación co que puidemos ler neste libro . Houbo discrepancias sobre  a importancia de “levar o que levan os demais”. Para algúns era importante por non diferenciarse , por pasar desapercibidos  mentres que para outr@s  a opinión dos demais non é vinculante nunca ; así que, fóra  “complexos”! E afirman non escoller nunca as súas amizades polo aspecto físico .
Se Jaime, un dos  personaxes , desexaba ser cociñeiro aquí alguén manifestou que o que lle gustaba realmente era ser veterinario. Outr@s aínda non o teñen moi claro.
Toda a rapazada quere moito aos seus avós  e  algunha persoa  opina que estes, de pequenos , si que eran trastes!
Ningún ten unha predilección especial por  posuír  obxectos  de alguén que admire. E  de ser necesario a escolla, non saberían que elexir. Pode que, de ter que facelo,  lle pediran axuda á nai, que é , para vari@s, a persoa á que recorren cando  están nun apuro ao contrario da protagonista que sempre atopa a complicidade dun dos seus irmáns.
A rapazada estaba entusiamada  comentando a lectura e fala falando, rematou este período de lecer, nunca mellor dito.
Como Christie e Georges , collemos vacacións.
Vémonos nuns días, pasádeo moi ben!!

 











0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India