19 mar 2015

Feliz día do pai!!

Durante toda a semana, nos recreos  ,houbo actividades do Club de Lectura.
Por un lado, un grupo de rapazas e rapaces de 1º e 2º  de E.S.O. colaboraron na contrucción do mural que vos amosaremos o 21,Día da árbore e a poesía.E por outra banda prepararon o seu Día do pai que hoxe celebramos.

Dende o Club de lectura festexámolo acudindo á Biblioteca do centro  na procura dun préstamo de agasallo para levarlle ao pai no seu día. Vari@s pedían consello en función dos gustos do seu proxenitor. Outr@s decantáronse por películas porque  , dixeron, os seus pais non len polo moito traballo que teñen que non lles deixa tempo libre. Tres ou catro  levaron lecturas que pensan compartir coa familia , ler tod@s e  comentar .
Tod@s practicaron algo importante: porse no lugar do pais e pensar que lles gustaría, reflexionar sobre os gustos de cada papá e elixir a lectura, o filme que cren lles vai gustar. Un comentaba que sabía da pasión, de novo ,do seu pai por Asterix e Obelix e colleu un cómic para agasallalo. Oxalá  atine co regalo pola tremenda  ilusión  que brilaba nos seus ollos!
Nas fotografías podedes ver a algúns en pleno proceso de búsqueda e xa cos regalos nas mans.
Tamén é certo que houbo quen non atopou nada e quen nin siquera  intentou buscalo  porque, dicían, xa tiñan un regalo para o seu papá no seu día.
De calquera xeito, ás mediadoras prestounos ver a  desenvoltura da rapazada e como envolvían os regalos con tanto amor.
Que todos os papás e os seus fill@s teñan un bo día!

Feliz día do pai a todos os pais!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India