Na reunión celebrada o pasado martes,10 de marzo,cos alumnos /as de 2º A de E,S,O, realizamos algunhas actividades previas á lectura do libro Los Armario Negros de J.M. Gisbert. A maioría coñecía ao autor por ter lido algunha obra deste con anterioridade,mesmo un alumno lembraba varios títulos: La mirada oscura, Los espejos venecianos , El misterio de los abismos , El misterio de la isla de Tökland. Ao ser preguntados sobre o que agardaban do libro proposto,responderon que imaxinaban que sería de medo , porque iso é o que lles suxería a cor "negra" dos armarios. Tamén pensan que alguén vai entrar nun armario, que haberá asasinos e moita escuridade, mesmo por medio do armario se accederá a un mundo de monstros.Cren que o título é sinistro.
Que consideran os alumnos/as de 2º debe haber nunha historia para que esta lles produza medo? Din que ten que haber mortes, pantasmas, misterio, médicos, sangue... e tod@s coinciden en que haxa moita escuridade.
Tamén coñecen outras historias e películas de terror como "Hotel Transilvania", "El Exorcista", "Scream", "Llanuras en la tierra"...
Para que unha casa sexa escenario dunha historia de medo, que características debe posuír? As respostas indican que debe ser vella; preferentemente, abandonada , con teas de araña, táboas rotas que renxen ao pisalas, illada, mesmo "no medio do monte"...
Ao final da reunión os alumnos e alumnas semellan estar desexando comezar a ler Los Armarios negros e descubrir que se esconde na súa escuridade.
Enviar por correo electrónico
Escribe un blog
Compartir con Facebook
0 comentarios:
Publicar un comentario