4 mar 2015

No bordo dos acantilados

O pasado martes houbo reunión do grupo de 3º B de E.S.O. que pertence ao club.
Fixemos unha sesión de animación baseada na novela que algúns aínda non empezaron a ler.Ai, que ocupadiños están!!
Comezamos divagando sobre cal é o lugar onde aprenden a volar as gaivotas ( título do libro).
Despois explicamos a orixe dos nomes  dos protagonistas masculinos da novela:Arturo e Erik.  E tirando dese fío,deron coa información que nos levou aos vikingos e , a partir deles, viaxamos a Noruega, país que se "vende" como "o poder da natureza"
Puxemos en común o que sabiamos sobre ese país nórdico e  aumentamos os nosos coñecementos chamándonos a atención, sobre todo, a aurora boreal e o sol de medianoite.
Con relación a este último , debatemos sobre se nos gustaría ou non vivir nun lugar no que as 24 horas do día o sol é visible e houbo algún espelido que estaba a favor porque se lle dicían que regresara á casa antes da noite  , habíalle render o tempo.
A nosa rapazada non escollería  Noruega para  practicar inglés, iría a Londres aínda que , dado que varias das persoas asistentes estiveron  hai pouco alí, concordan en que na capital británica moito español se fala!
Mencionamos os diferentes temas presentes na novela: amor,honor, guerra...e xustificamos a súa presenza.
Algo que destacamos na reunión foi a reiterada mención a películas  espallada por toda a obra.E para que se fixeran unha idea de como eran os filmes , vimos os trailers de  Excalibur  de John Boorman ( película que tivo moita importancia na existencia de Arturo). E , como o tempo era exiguo mencionamos La vida es bella  de Benigni , Una odisea en el espacio de  Stanley Kubrick o Blader Runner de Ridley Scott. 
Se queren , xa saben a onde ir mirar os trailers e así ,quizás,entenderán mellor  a historia.
Continuaremos falando ... pero outro día.E xa estarán tamén @s que ían ao teatro clásico.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India