
Como un dos pesonaxes é Sibila, unha suposta vidente , a profe quixo facer de adiviñadora e co xogo do Martelo Vermello non o conseguiu totalmente mais o de adiviñar o número que pensaba cada un/unha d@s asistentes foi un tremendo exito.Houbo quen , de seguida se decatou do mecanismo pero aínda hai algún que segue pensando como o conseguín se cada rapaz /a pensou un número diferente.Ai, que inocencia!!
As seguintes actividades xa foron destinadas a , como dixeron el@s mesm@s, entrenar para ser un detective.
Tardaron pouco en interpretar as pistas para saber o día da semana do que falabamos;andaron moi perdidos descubrindo o que estaba debuxado nunhas imaxes que estudaron con detemento; e non foron quen de descubrir a letra que continuaba unha serie , a pesar de ser lóxica pura.
Aínda que tiñan un exame na hora seguinte , ninguén se quería erguer da súa cadeira sen saber a solución do derradeiro enigma.Doadísima, tiráronse dos cabelos cando llela dixen.
Creo que tod@s levan un/unha detective dentro, so teñen que aprender a ler os indicios e interpretar axeitadamente as pistas.Hoxe superaron o nivel I. Probablemte titulen tod@s.
0 comentarios:
Publicar un comentario