
O que sorprendeu ao alumnado de 3º B de E.S.O. da lectura de Engurras de Paco Roca foi o esquecemento, a soidade, a dor, a pena, a frustración,a familia, a vellez, a solidariedade...
Segundo se adentraban nas súas páxinas, como lectores da historia e observadores das imaxes debuxadas, sentíanse, maioritariamente, tristes.Pero tamén houbo quen se notou preocupad@, empátic@, angustiad@, morriñent@, reflectid@...E cadaquén sabía o porqué destes adxectivos.
Resumimos a historia intercalando as opinións que estimaron oportuno achegar e esmigallamos as consecuencias da enfermidade nas persoas que "sofren o alzhéimer", como expresou...