
Segundo un informe da ONU , unha de cada tres mulleres sufriu violencia física ou sexual, principalmente po parte dun compañeiro sentimental.Podes ampliar a información nesta infografía
Cos nosos comportamentos e actitudes debemos colaborar na consecución dun mundo libre de agresións dun ser humano a outro conxénere.
Dende o noso centro, xa hai anos que estamos traballando nesa dirección con charlas informativas , en obradoiros do Club de Lectura e mesmo, hai uns anos, realizando unhas curtametraxes ideadas polo coordinador da Biblioteca do instituto, gravadas coa colaboración de Televinte e que protagonizaron alumn@s que eran do centro.
Seguen sendo actuais e desexamos que esas situacións nunca se den entre nós. A algunhas persoas mesmo lle parecerán "tonterías", actitudes sen importancia , pero "daqueles pos veñen estas lamas". E a única lama boa é a Lama das Quendas!!
Por se queredes velas de novo deixámosvolas aquí.
0 comentarios:
Publicar un comentario