
Superados eses dous prexuízos, lemos a novela e velaí vai o que na amena tertulia da derradeira reunión , se puxo sobre a mesa a propósito dela.
Gustar ou desgustar quizais non sexa a palabra.Pero se vos digo que , sen estar pesaros@s por lela , non sería este un libro que recomendarían se alguén lles pedira consello, xa imos entendendo o sentir destes pais e nais asistentes.
Díxose que "non emociona", "non ten intriga e soluciona moi rápido os conflitos", "ten pouca acción"...Comentouse que gusta a ironía que emprega nalgúns momentos, a linguaxe ,as oracións curtas, moitas expresións do español de América...
Discutiuse sobre se a técnica narrativa empregada ( permitídeme usar esa expresión) intenta atraer á xente maior ou á xente nova e argumentouse a favor de cada punto de vista.E tamén houbo discrepancias sobre o acerto ou erro de que as historias fosen paralelas ,de xeito que algunha persoa comentou que ía lendo e pensando en "capítulos pares e impares" e a outros íalles sorprendendo o devir da narración e cuestionábanse se sería así ata a fin da historia ou terían, nalgún momento, conexión.Para algúns ese paralelismo foi un problema e queixáronse de excesivas digresións.
Para outr@s o espazo no que se desenvolveu a acción foi un lastre ao longo de toda a lectura.
A propósito da historia que conta houbo coincidencia en que era simple, folletinesca, de telenovela, un pouco "rancia",verosímil, crible pero non nestes tempos, non aquí.E foron máis alá: reflicte estereotipos daqueles pobos, normaliza situacións moi negativas para as mulleres,manifesta certa melancolía polo pasado...
E como se psicanalizaramos ao autor ,tamén se escoitou o do "certo paralelismo" coa súa vida, ou o que coñecemos dela.
0 comentarios:
Publicar un comentario