20 dic 2017

De grifos e vihuelas...

Pois a verdade é que “Xa vai o griffon no vento” de Alfredo Conde non chegou a enganchar aos asistentes á reunión do club de nais, pais e amigxs… As vidas paralelas dun inquisidor na Galiza do século XVI e un escritor/profesor galego dos anos ’80 do pasado XX, a Armada Invencíbel e o contrabando de libros que traían as novas ideas humanistas ao Santiago de Compostela dos tempos de Felipe II, a animada vida universitaria dunha pequena cidade francesa… non foron quen de convencer aos membros do club, cecais por unha linguaxe e unha estruturación arrevesada e en ocasións barroca, tal como se comentou na reunión mantida. Ben, non sempre se acerta… Iso...

19 dic 2017

Historias dun pasado non tan afastado...

“Por que as sombras non teñen ollos” de Luís Manuel García Mañá foi o libro escollido para o club de lectura do profesorado e persoal non docente, e sobor o que tivemos unha máis que animada charla na reunión celebrada na Aula de Música do Lama das Quendas. Salientouse o bo facer do escritor por saber, dun feito histórico descoñecido para todxs xs que estabamos ate que ese libro chegou ás nosas mans, mesturar o real e o ficticio, o xénero narrativo con toques xornalísticos e case ensaísticos (a historia do Couto Mixto na fronteira luso-ourensá é case unha constante na obra de García Mañá), o enxebre do rural galego con ambientes máis urbanos...

14 dic 2017

Maus, e reflexións sobor a BD...

Fantástica charla a que tivemos hoxe no Club de Lectura coas dúas alumnas de Bacharelato que puideron vir á reunión (época de exames, xa sabedes…) e que versou sobor “Maus”. Mais non falamos do argumento desta coñecida banda deseñada (BD), nin da nosa opinión dela (tería sido unánime e nun par de minutos teriamos rematado), senón de como un libro de BD pode ser empregado na educación, xa non en primaria ou secundario, senón tamén a calquera idade. Tanto Hasna como Ana falaron da súa experiencia co texto un par de cursos antes cando o empregaron como apoio nas aulas de Historia durante o estudo da II Guerra Mundial. E falando, e divagando,...

30 nov 2017

Ate a próxima, Astérix e Obélix!

E chegamos á fin da nosa viaxe ao tempo dos romanos da man de Astérix e Obélix… Pouco máis que dicir que non se comentara xa nas pasadas reunións cos grupos de 2º da E.S.O.: alumnxs aos que non lles fai moito aquel iso de ler bandas deseñadas, outrxs que están encantadxs (algún vello fan dos galos había por aquí!), historias xa comentadas e outras novas, coma a de “Astérix e os pictos”, na que aparece a terra da Caledonia ou, como se coñece na actualidade, Escocia.  Mais coma sempre, moito banquete con xabarís, moitas liortas cos romanos despois duns tragos de poción máxica, moitas viaxes e moitas aventuras polo pasado das terras que...

23 nov 2017

Outra ración de poción máxica, por favor!!!

Na reunión co alumnado de 2º E.S.O. B e C continuamos a falar dos nosos benqueridos Astérix e Obélix. Algúns dxs integrantes deste grupo comentaron que non eran moi seguidorxs da banda deseñada, xa que consideraban algo lioso o seguir as viñetas e entender ben a orde dos bocadillos cos textos e diálogos. Houbo un pequeno debate a favor e en contra deste xeito de facer literatura, no que quedou de manifesto que sempre hai gustos e formas diferentes de ver as cousas, mais igual de válidas e compatibeis as unhas coas outras á hora de compartir a nosa afección pola lectura. Falamos despois un pouco das historias escollidas polo alumnado deste...

16 nov 2017

Unha ración de poción máxica, por favor!

Hoxe tivemos a reunión co grupo de 2º E.S.O. A, onde falamos de catro das aventuras dos nosos heroes galos Astérix e Obélix, sempre acompañados do pequeno e fiel Idéfix: “Astérix lexionario”, “Astérix O Galo”, “Astérix e as 12 probas” e “Astérix en Bretaña”. Nelas o común denominador é deixar quedar mal aos pobriños (ben, realmente, non tan pobriños) romanos grazas, ademais da máxica poción que lle confire unha forza sobrehumana a aquel que a tome, da astucia e intelixencia, ademais do traballo en equipo, que posúen os galos. Mais o verdadeiramente interesante destas bandas deseñadas, creadas hai case 60 anos polos franceses René Goscinny e...

9 nov 2017

Próximas reunións do alumnado!!!

...

6 nov 2017

Filosofemos en BD!

...

20 oct 2017

Listado dos libros do primeiro trimestre!

...

Grupo de nais/pais/amigxs!!!

Onte á tarde desvelamos o libro do grupo de "A quenda do libro" que faltaba, o de nais/pais/amigxs......

19 oct 2017

Club do profesorado e persoal non docente!

Velaquí o libro deste primeiro trimestre para o grupo do profesorado e persoal non docente de "A quenda do libro"......

16 oct 2017

Club de 3º e 4º de E.S.O.!

Nun día horríbel para todxs xs galegxs e os nosos veciños ao sur do Miño, vimos de escoller o libro para o primeiro trimestre do grupo de 3º e 4º de E.S.O....

13 oct 2017

Club de 1º e 2º de E.S.O.!

Hoxe tocoulle a quenda ao alumnado de 1º e 2º de E.S.O.! Adiviñades o que imos ler? ;)...

11 oct 2017

Maus

Desvelamos o primeiro título para este primeiro trimestre do Club de Lectura do alumnado de Bacharelato......

9 oct 2017

Datas das reunións iniciais!

...

5 oct 2017

Botamos a andar neste 2017/2018!!!

...

24 jun 2017

E chegan as vacacións!!!

Xa estamos no verán!! Remataron as clases e as actividades deste club de lectura. Chegou o tempo de descansar, falar, ir á piscina ou á praia, reencontrarse con amig@s e familiares que volven á vila...En definitiva , xa é hora de sentir o relax das vacacións, non credes? As redes de A Quenda do Libro tamén sofrirán un apagón estival pero antes queremos desexarvos a tod@s o mellor dos veráns, pero iso si, mellor se hai un libro a man... Felices  vacacións e boas lecturas!!...

23 jun 2017

X Xornadas dos clubs de lectura

O pasado sábado, 17 de xuño, tivo lugar en Santiago de Compostela, a X Xornada dos Clubs de Lectura de Galicia. Asistín a ela como coordinadora do noso club e , para que saibades o que aconteceu, relatareivos o que vin, escoitei, lin, sentín... Ás 9:00h xa estaba recollendo a acreditación e lendo o programa de actividades que, coma sempre, se solapan e impiden que asista a moitas delas ( ata que posúa o don da ubicuidade). Falarei daquelas nas que participei. Comezaba a xornada coa actuación de Pista Catro que facía un espectáculo circense animando a ler e a vivir moitas vidas  a través dos libros. A continuación, procedeuse á entrega...

16 jun 2017

"A literatura é unha mentira aceptada por tod@s"

Tarde de literatura e conversa con Antón Riveiro Coello quen nos ofreceu unha extensa explicación dos elementos da súa novela A ferida do vento  na que cento e pico personaxes reais viven e sofren antes de cicatrizar as feridas e continuar a súa vida. Antón aclarounos como decidiu escribir sobre unha ilusión, sobre unha perda vivida na adolescencia e como artellou unha historia na que fixo aparecer membros da súa familia e veciños da súa vila (algúns deles afectados polo vento frío que lles entrou na cabeza). Compartiu cos asistentes, dun xeito pormenorizado, as mentiras que están na novela; o seu xeito de traballar ao contruír as súas...

15 jun 2017

A viaxe da xente da Quenda do Libro

O pasado xoves saímos de viaxe cun grupo de rapazas e rapaces  de diferentes cursos da ESO e Bacharelato.O certo é que decidiramos viaxar no mes de xuño crendo que eran data máis axeitada pola acumulación de actividades extraescolares que se concentran en maio; pero ao final, tampouco foron as datas adecuadas porque se concentraron os exames dado que moita da nosa rapazada viaxaba ( e está agora mesmo alí) a Cork en  Irlanda e outr@s saen mañá de viaxe cultural a Extremadura e Andalucía, e moit@s alumn@s non nos puideron acompañar por terras ourensás.Unha mágoa! Partimos de Chantada pola mañá e dirixímonos ao Mosteiro de San...

13 jun 2017

Reunión do club de lectura de pais/nais e amig@s de A Quenda do Libro

Chegou o día do encontro con Antón Riveiro Coello! Será mañá, mércores 14 de xuño, ás 17.30 h. na Biblioteca do centro. Nunca fixeramos tan avanzado xuño  a reunión deste grupo de lector@s pero como desexamos  que o escritor nos visite, tivemos que acomodarnos ás súas datas libres , que eran poucas por mor do éxito que está acadando  A ferida do vento. Estamos desexando falar con el e escoitalo. Para nós, lector@s  impenitentes , será todo un pracer. Na fotografía pódese ver o recuncho que lle adicamos na biblioteca do centro....

7 jun 2017

Celebramos que lemos

Rapazas e rapaces dende 1º de ESO ata 1º de Bacharelato déronse cita o pasado martes  no Salón de Actos para festexar que rematamos un ano de lecturas. E mentres daban boa conta dos petiscos que tiñamos facían grupos para convivir intercambiando comentarios , bromas e conversas o que resultou moi agradable. Mellor mirade algunhas fotografías e xa vos facedes unha idea de como o pasamos. ...

4 jun 2017

Festa final do Club de Lectura

Festaaaaa! Sabedes que na semana próxima se vai a rapazada de 4º de Viaxe de fin de estudios de E.S.O. ,e moito alumnado dos diferentes cursos da E.S.O. e 1º de Bacharelato  parten para Cork para mellorar as habilidades no idioma de Shakespeare, así que nesta semana rematamos coas actividades do club , no que se refire aos alumnas e alumnos. As dúas que nos quedan son a festa de fin de curso, o este martes, 6 de xuño ; e a viaxe do xoves, 8. Mirade o cartel e se vos apetecen uns petiscos e unhas risas na compañía doutr@s lector@s, vide ao Salón de Actos durante o recreo do martes. Agardámosvos!!...

Engaiolad@s pola narrativa de Carlos Casares

A  tod@s nos encantou O sol do verán. Cremos que é unha fantástica obra literaria na que , con recordos que van e veñen, que se meten uns dentro dos outros, e empregando unha grande técnica narrativa se nos conta unha historia que se a contaramos nós resultaría propia dun folletín. Gustaronnos varias cousas. Por exemplo, a maneira de describir o escenario, idílico e sensual, no que os nenos e mozos Carlos e Helena gozaron da súa infancia e adolescencia. É unha especie de paraíso terreal no que seguen vivindo como adultos. Destacamos o hábil xeito de facernos revivir a época da nosa infancia tan chea de sentimentos e aprendizaxes grazas...

1 jun 2017

Reunión do club de lectura do profesorado

Mañá venres,2 de xuño,  na Aula Multimedia , xuntarémonos para falar de O sol do verán, novela póstuma de Carlos Casares, o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2017. Falaremos das vidas de Helena e Carlos no Abeiro (un verdadeiro paraíso)  de mediados do século pasado.Comentaremos o tráxico final da novela, ou era o tráxico principio? Daremos as nosas opinións e compartiremos  un agradable tempo de lecer na mellor das compañías: amig@s e lecturas. &nb...
Page 1 of 20612345Seguinte

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Justin Bieber, Gold Price in India