O pasado xoves saímos de viaxe cun grupo de rapazas e rapaces de diferentes cursos da ESO e Bacharelato.O certo é que decidiramos viaxar no mes de xuño crendo que eran data máis axeitada pola acumulación de actividades extraescolares que se concentran en maio; pero ao final, tampouco foron as datas adecuadas porque se concentraron os exames dado que moita da nosa rapazada viaxaba ( e está agora mesmo alí) a Cork en Irlanda e outr@s saen mañá de viaxe cultural a Extremadura e Andalucía, e moit@s alumn@s non nos puideron acompañar por terras ourensás.Unha mágoa!
Partimos de Chantada pola mañá e dirixímonos ao
Mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos. Un mosteiro no medio dunha
fermosa paisaxe. A rapazada ía coa información necesaria para fixarse no
campanario sobre unha pena exterior, or arcos labrados nos muros, os
sarcófagos escavados na mesma roca...

Neste mosteiro atopamos, hoxe, o Centro de Interpretación da Ribeira Sacra con paneis informativos e exposición dos diferentes oficios da contorna.

Despois dirixímonos ao Castro Santomé. Fermosas as vistas dende alí!
E moi interesantes os restos castrexos e romanos que se poden ver. O que máis lles impactou foron as pías que facían de lagares na antigüidade e as espectaculares marmitas de xigante que se ven no río Loña que vai encaixado no fondo do val.
Visitados os arredores, entramos na Cidade das Burgas. Na Praza Maior collemos o tren turístico que nos levou polo Parque de San Lázaro, Ponte Romana, A Chavasqueira, Muíño da Veiga para chegar a xantar ás pozas de Outariz onde pasamos a tarde a remollo entre risas, bromas, conversas e xogos.
Ás 17:45 iniciabamos o regreso a Chantada coa sensación de ter aproveitado moi ben o día e a ledicia de que todo saíra tal como planearamos para esta rapazada á que debemos felicitar polo seu exquisito comportamento e predisposición a aprender e a súa valoración da actividade.
Fantástico día para tod@s!
Enviar por correo electrónico
Escribe un blog
Compartir con Facebook
0 comentarios:
Publicar un comentario