Antón aclarounos como decidiu escribir sobre unha ilusión, sobre unha perda vivida na adolescencia e como artellou unha historia na que fixo aparecer membros da súa familia e veciños da súa vila (algúns deles afectados polo vento frío que lles entrou na cabeza).


Os pais e as nais fixeron apuntamentos sobre a
novela que leran. Así falaron da presenza da cor amarela nela ( quizáis sexa unha das cores preferidas do autor);da indignación que sentiron ao ler que Antón tiña relacións coa alemá ao pouco de morrer Gabriela ( demasiado pronto para esquecer a quen tanto quería ); da escasa participación do avó Rafael ;do aprecio polos Bee Gees e a súa música ( somos maiores!!); do que presta comprobar na súa novela o ben que describe os sentimentos...
Ante a petición de que recomendase algunha outra obra súa para seguir "léndoo", mencionou algunhas e logo citou a que dicía lle dera máis lectores ou a que lle dera máis prestixio.
Quedamos en débeda con Antón pola súa xenerosidade e cordialidade.
Grazas por vir!!
0 comentarios:
Publicar un comentario