
Comentando o título algunha persoa afirmou que esa palabra a levou a pensar que tiña algo que ver con fotografías que se colgan na rede.Logo xa se decataron de que Marga estaba desprotexida, coma espida.
Opinamos sobre o que é , ou cremos que é , o amor concordando coa opinión do autor : respecto mutuo, confianza , honestidade, apoio, xustiza e igualdade, identidades separadas, boa comunicación e , engadiu unha das asistentes,liberdade de decisión.
Cren que, de pasarlles a el@s terían verdadeiras dificultades para contalo na casa e consideran que este tipo de lecturas poden axudar para concienciar á sociedade.
Mencionamos unha morea de frases extraídas da lectura que nos deron pé a seguir comentando o tema da violencia , dos malos tratos e as estatísticas que veñen no libro e as recentemente publicadas , e un programa dunha cadea privada na que unha victima de violencia machista fala en primeira persoa da súa experiencia.
Contando distintas anécdotas propias e/ou oídas , relacionadas co tema soou de novo o timbre, e nós sen facer foto de grupo!!
Pode que teñamos que seguir afondando no tema en vindeiras reunións. Por nós que non quede!!
0 comentarios:
Publicar un comentario