
Comentaremos Desnuda de Jordi Sierra i Fabra , unha novela escrita dun xeito orixinal , que se le facilmente e que ten de trasfondo unha relación terrible entre unha parella de xóvenes.
Asistimos á anulación dunha rapaza que deixa de ser unha persoa para pasar a ser un títere nas mans dun rapaz que ía ser o "amor da súa vida".
Ao longo da novela, baseada nunha noticia real, hai unha chea de frases que nos fan pensar si ou si. Hoxe copio algunhas: " o amor é un terremoto seguido dun tsunami", " o maor basease na confianza", "amar é dar, non prohibir,reter, aillar"...
Temos moito que falar, pensar e actuar.
0 comentarios:
Publicar un comentario