
Quedaron satisfeit@s con Palmeras en la nieve , de Luz Gabás porque a autora foi quen de transportal@s ás terras de Fernando Poo e ás montañas oscenses con facilidade."Métete na paisaxe , no ambiente", dicía unha nai. E faino mantendo unha intriga que obrigou a máis dunha a trasnoitar moito porque na tranquilidade da noite, unha vez a rapazada está deitada, é cando podes ler.
Luz Gabás foi quen de enganarnos, de facernos crer que ,ao rematar un capítulo, xa sabiamos como era a historia realmente pero ao comezar o seguinte xa se nos desmontaban as nosas "crenzas".
Se ben algunhas persoas , ao principiar a ler ,non se sentían atrapadas , e varias tiveron que recomezar , paseniño, paseniño se foron sentindo prendidas pola narración e xa non perderon esa sensación ata que lle deron fin.
Sobre o desenlace da trama houbo diferentes opinións.Á grande maioría gustoulle ( xa se entendeu no título da entrada), a algunha persoa pareceulle un pouco indefinido polo que respecta a Clarence , e a outra das asistentes pareceulle aínda non suficientemente intenso, quería máis!Esta opinión é compartida pola tía dunha das nais que leu a novela aos seus 92 anos e nos fixo chegar as súas palabras.
Falando de personaxes, escenarios , relacións, costumes, tradicións, independencia, emigración, amor, amizade, intereses, da versión cinematográfica ... decatámonos de que levabamos hora e media conversando! Era , pois, tempo de rematar, así que tras propoñer a lectura da reunión conxunta con alumnado e profesorado para conmemorar o día do libro, e tras adiantar o título ( e deixar coa intriga do que non lles contei ) da novela que comentaremos aló por maio, finalizamos a xuntanza na que, de verdade, gozamos compartindo opinións sobre lecturas entre este grupo de amig@s que somos.
0 comentarios:
Publicar un comentario